O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 07/11/2013

Abalar: A rede social do profesorado Redeiras supera os 8.000 usuarios rexistrados

A rede social do profesorado Redeiras (https://www.edu.xunta.es/redeiras) xa conta con máis de 8.000 usuarios rexistrados, continuando así co seu ritmo de crecemento paulatino e posiciónandose como unha das ferramentas en liña máis usadas polos docentes de Galicia: intercambio de experiencias, de coñecementos e como complemento á súa práctica educativa.
 
Nos últimos meses Redeiras incorporou novas actualizacións,  o que supón melloras no seu rendemento e funcionamento interno, polo que está a converterse nunha ferramenta de referencia para o profesorado con respecto á comunicación, á colaboración e ao intercambio de experiencias entre os docentes.
 
Actualmente, Redeiras tamén foi seleccionada como a plataforma de comunicación e de traballo para o Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos da administración autonómica dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. Desta maneira, os participantes no Plan Proxecta crearán en Redeiras nos próximos días máis de 800 novos grupos, aproveitando así todas as funcionalidades que ofrece esta plataforma para a colaboración e o traballo en grupo.
 
Na propia rede social existe un grupo dispoñible para todos aqueles que precisen algún tipo de asesoramento, de axuda sobre o seu funcionamento, ou ben desexen estar ao día das novidades de Redeiras: 
 
 
 
 
Finalmente no seguinte videotitorial, pódese coñecer o procedemento de acceso, que é similar ao de calquera outra aplicación da Consellería ou ao do correo @edu.xunta.es.

 

See video