O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 27/01/2014

Abalar: Redeiras supera xa os 9.000 usuarios rexistrados

A rede social do profesorado Redeiras (https://www.edu.xunta.es/redeiras) conta xa con máis de 9.000 usuarios rexistrados, pasando a converterse nunha ferramenta de complemento á práctica educativa, así como unha referencia para o profesorado dos centros educativos galegos con respecto á comunicación, a colaboración, o intercambio de experiencias entre os docentes.
 
Exemplo disto, é o uso actual desta rede social na que se enviaron máis de 19.700 mensaxes, crearonse 665 grupos, 1.688 de envíos ao muro e 2.900 entradas de blog, máis de 1.500 marcadores, 1.688 arquivos, 566 vídeos incrustados, 461 temas de debate, etc.
 
Así, en menos de dous anos, ademais de ofrecer todas as funcionalidades propias de calquera rede social, Redeiras foi incorporando novas funcionalidades que complementan e amplían as posibilidades de xestión dos grupos e a relación entre os usuarios, así como melloras no seu rendemento e funcionamento interno.
 
Na propia plataforma existe un grupo, “Proxecto Redeiras”, dispoñible para todos aqueles docentes que desexen estar ao día das novidades , ou ben precisen algún tipo de asesoramento, de axuda sobre o funcionamento da rede social do profesorado.