O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 26/09/2012

Abalar: TADEGa recoñecida na Red de Buenas PrácTICas 2.0

A “Red de Buenas PrácTICas 2.0” do INTEF recolle a labor da asociación TADEGa, “Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega”.

TADEGa está formada por persoas relacionadas coa educación e interesadas na atención á diversidade. Está dedicada a investigación, fomento e difusión de ferramentas e métodos que axuden a que persoas con discapacidade podan utilizar as TIC, evitando a discriminación que supoñen os deseños non inclusivos.
 
No tríptico TIC para todas e todos pódense ver os seus obxectivos e os proxectos nos que participa.
 
O artigo destaca a labor de TADEGa axudando aos docentes no traballo con persoas con diversidade funcional e a súa loita para promover tecnoloxías inclusivas e accesibles e os seus logros e recursos: a galería multimedia con pictogramas, fotografías, sons, etc, o conto interactivo multimedia accesible “Xandre o elefante sen sombra”, a tradución de pictogramas de aumentativa.net ao galego, colaboración no desenvolvemento do programa PICAA, asesoramento sobre accesibilidade web, organización de congresos e talleres, etc.
 
Sen dúbida, un recoñecemento moi merecido.