O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 30/04/2013

Abalar: As unidades de xeometría para 2º de ESO xa están disponibles no repositorio de contidos do espazoAbalar

As docentes Teresa Otero Suárez (IES Antonio Fraguas Fraguas de Santiago) e Alicia Pedreira Mengotti (IES Monelos de A Coruña) realizaron no curso 2011/2012 durante unha licenza de formación da modalidade 2, de creación de materiais, 6 unidades de xeometría para o 2º curso da Educación Secundaria Obrigatoria.

Os contidos dos materiais foron creados con exelearning e están acompañados de numerosas actividades elaboradas con esta ferramenta, así como con LIM, JavaClic e Geogebra. Están distribuidas en 4 tipos:

  • Actividades de contidos teóricos: estas actividades son un resumo dos contidos que se trataron na clase, polo que permiten repasar e afianzar aqueles contidos que non quedaron suficientemente claros.

 

  • Actividades de introdución histórica: son actividades complementarias e de ampliación, na que é necesaria a conexión a internet para poder acceder aos contidos multimedia.

 

  • Actividades propias das ferramentas exelearning, de JClic, de xeoxebra, de LIM,... que serven de autoavaliación. Estas actividades permiten preparar o exame e aprender de forma amena os contidos teóricos.

 

  • Exame Scorm.

 

Os ODEs que conforman este traballo son:

·         Obxecto de estudo 1: Triángulos

·         Obxecto de estudo 2: Puntos e rectas notables

·         Obxecto de estudo 3: Teorema de Pitágoras

·         Obxecto de estudo 4: Semellanza.Teorema de Thales

·         Obxecto de estudo 5: Polígonos

·         Obxecto de estudo 6: Puzzles matemáticos