O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 28/04/2017

Abalar: Uso da “app” Moodle Mobile coa aula virtual do proxecto Webs Dinámicas

4.339998
Average: 4.3 (3 votes)
Your rating: Ninguno
(3 votos)

Actualmente para toda a comunidade educativa que usa as Aulas Virtuais (Moodle versión 2.x) do proxecto Webs Dinámicas, está dispoñible a app “Moodle Mobile” que os usuarios poden instalar nos seus smarthphones e/ou tablets para acceder e traballar nos cursos das aulas virtuais dos seus centros educativos comodamente, desde o seu dispositivo móbil.

Moodle Mobile é a app oficial móbil de Moodle para Android, iOS e Windows Phone. Está dispoñible na tenda de apps de Android (Google Play), na tenda de apps de Apple (App Store) e nas tendas de apps de Windows.

Esta app representa un salto de nivel no uso das aulas virtuais (Moodle) do proxecto Webs Dinámicas, xa que por un lado permite maior flexibilidade e proximidade na interacción cos usuarios e por outro lado, posibilita a introdución nos centros educativos da nova metodoloxía “M-Learning” (Mobile Learning) de ensinanza-aprendizaxe con dispositivos móbiles.

Que podo facer con Moodle Mobile?

A app Moodle Mobile permite aos usuarios dos centros educativos (profesorado e alumnado) conectarse aos cursos creados na "Aula Virtual" do seu centro educativo, co seu teléfono móbil ou tablet e usando o mesmo "nome de usuario" e "contrasinal" que usa cada un normalmente para entrar na propia Aula Virtual.

 Esta app permite traballar cos contidos e actividades do curso en modo desconectado (off line), sincronizando o traballo coa Aula Virtual cando existe unha conexión viable.

 Moodle Mobile ofrece, entre outras, as seguintes funcionalidades:

Xestionar ficheiros

  • Subir un ficheiro á área de ficheiros privados
  • Grabar un audio ou vídeo e subilo directamente á área de ficheiros privados
  • Ver e descargar os teu ficheiros privados
  • Ver e descargar os ficheiros do curso
     

 Traballar no curso

  • Acceso rápido aos contidos do curso
  • Descargar e ver algúns dos recursos do curso
  • Ver os módulos "Libro" e "Paquetes de contido IMS"
  • Participar nas actividades (escolla, consulta, ...)
  • Participar nos chats do curso
  • Ver os foros e os debates
  • Ver as cualificacións de actividade e as cualificacións totais do curso
     

Interactuar cos demais usuarios

  • Mensaxería privada entre usuarios
  • Enviar unha mensaxe privada a un participante do curso
  • Ver todas as túas notificacións e mensaxes privados recibidos
  • Engadir a un participante do curso á túa axenda de contactos do teléfono
  • Chamar a un participante do curso ao pulsar no número de teléfono
  • Localizar a un participante do curso en Google Maps
     

Recibir información

  • Ver eventos do calendario
  • Notificacións recordatorias para eventos de calendario
  • Recibir notificacións "Mobile Push"
  • Integración ao calendario con recordatorios e advertencias
  • Ver as notas do sitio, do curso e as persoais
     

Guía rápida de uso e configuración