O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 15/04/2011

Abalar: Vídeo tutorial da montaxe do equipamento Abalar (EDI + Proxector)

Ponse a disposición de todos os centros que forman parte do Proxecto, un vídeo tutorial explicativo do proceso de montaxe do encerado dixital interactivo e do proxector.

Neste vídeo amósanse todos os pasos a dar para unha correcta instalación deste equipamento nas aulas Abalar.

Con este vídeo tutorial, preténdese facilitar aos centros información sobre os seguintes aspectos da súa montaxe e configuración:

  • Análise das características da aula na que se vai a realizar a instalación, coa finalidade de acadar a mellor sintonía dos elementos da aula.
  • Explicación do proceso de instalación:

          - Medición das alturas.
          - Colocación da canaleta na parede.
          - Montaxe da caixa de conexións.
          - Colocación do proxector e o encerado dixital.

  • Explicación do proceso de posta en marcha do equipamento, por medio do calibrando do proxector e do encerado dixital e a comprobación do seu funcionamento.
  • Dous apartados de anexos nos que se ofrecen recomendacións no proceso de montaxe e as respostas ás preguntas frecuentes no referente á instalación.

 

See video