O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 25/02/2014

Abalar: Xa están a disposición da cidadanía as unidades didácticas do Ámbito de Comunicación da Educación Secundaria de Adultos no repositorio de contidos do espazoAbalar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) porán a disposición da cidadanía, de forma totalmente gratuíta, o currículo completo de Educación Secundaria de Adultos no repositorio de contidos do espazoAbalar.

O espazoAbalar, é unha das iniciativas do Proxecto Abalar para fomentar o uso das tecnoloxías da información e comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe, que se quere impulsar coa incorporación constante de novos contidos como os correspondentes ao currículo da ESA.

Así mesmo, preténdese achegar os recursos educativos dixitais ás persoas interesadas en cursar os seus estudos a distancia, en especial as que se atopan en situación de desemprego, debido a que van a poder acceder ao currículo sen custo algún.

Deste xeito, favorécese un espazo educativo no que tanto os docentes como o alumnado poidan desenvolver as súas actividades académicas, xa que os docentes van a poder incorporar as unidades didácticas á aula virtual do seu centro, adaptando a temporalidade, os contidos, as actividades, etc..

 

Unidades didácticas do Ámbito de Comunicación

Polo momento, no repositorio do espazoAbalar están publicadas as unidades didácticas do Ámbito de Comunicación da ESA. Dito material empregase na actualidade na modalidade a distancia deste nivel educativo. Nas próximas semanas incorporaranse as unidades dos outros Ámbitos: Social e Científico-Tecnolóxico...

Cada unidade didáctica está estruturada nos apartados: apuntamentos, secuencias de contidos, resumo, exercicios de autoavaliación, glosario, bibliografía, etc; e elaborada en bloques coa ferramenta de autor exelearning.

Así mesmo, pódese descargar un arquivo en formato .ZIP para restaurar todas as unidades didácticas de cada ámbito nunha aula virtual Moodle.

 

Máis de 2.000 contidos dixitais

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.056 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Por niveis educativos, 60 dos recursos son de educación infantil, 882 de primaria, 547 de secundaria, 532 de bacharelato e 17 de Formación Profesional e 18 de ESA. As linguas nos que están dispoñibles son galego, castelán, inglés, francés, portugués, alemán e italiano.