O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 18/11/2015

Abalar: Xa están a disposición da comunidade educativa as versións imprimibles das unidades didácticas da Editorial Netex

Os contidos dixitais de 5º e 6º de Primaria e de 1º de ESO da Editorial Netex do Proxecto E-Dixgal, que se albergan no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), xa están dispoñibles nunha versión imprimible. Desta forma, as unidades didácticas, en formato PDF, pódense descargar accedendo ao Catálogo (versión alumo) do propio EVA: https://eva.edu.xunta.es/course/index.php?categoryid=217

Aténdese así a una petición feita pola comunidade educativa, para que estes recursos educativos dixitais, que forman parte do currículo, estean noutro formato complementando o xa existente.

Ademais, as novas unidades didácticas que se incorporen ao Punto Neutro, xa van a levar, como opción dentro do propio recurso, a versión imprimible.

Outras melloras no EVA

Nas últimas semanas, realizáronse no Entorno Virtual de Aprendizaxe unha serie de melloras encamiñadas a unha maior usabilidade por parte do profesorado.

Neste sentido, simplificouse o acceso ás materias propias desde a páxina de inicio e do menú principal, xa que se agruparon nun submenú as unidades didácticas que compoñen o extenso Catálogo.

Outras das melloras, fai referencia á configuración inicial dos contidos de Edebé. Así, unha vez incorporados estes recursos ao EVA online, xa están en disposición de ser descargados no propio EVA offline sen necesidade de modificar os axustes.

Con respecto ao seguimento das actividades das unidades didácticas da Editorial Netex, o profesorado xa ten a posibilidade de coñecer, no informe personalizado, o número de veces que o alumnado fixo estas tarefas, así como a forma de acceso (online ou offline).