O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 05/09/2017

Abalar: Xornada formativa para coordinadores E-Dixgal

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan unha Xornada de formación destinada aos/ás coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal.

O obxectivo deste encontro é a realización de obradoiros e actividades de formación no manexo das ferramentas principais do proxecto E-Dixgal, entre as que se atopan o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), a Ferramenta de Autor, etc.

A inscrición nesta actividade realízase enviando un correo electrónico a  cafi.tic.contidos@edu.xunta.es  indicando o centro e o/a asistente (código do centro, nome do centro, DNI, nome e apelidos).

Esta Xornada terá lugar no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), en Santiago de Compostela, este xoves 7 de setembro desde as 9:00hs.

Neste curso 2017-2018, 154 centros e máis de 11.600 alumnos empregarán libros dixitais gratuitos. Adicionalmente, vanse por a disposición dos centros participantes novos contidos educativos para seguir avanzando na educación dixital e plurilingüe. Deste xeito incrementarase os contidos dixpoñibles cun terceiro provedor de contidos dixitais para as materias que se imparten entre 5º de Primaria e 2º de ESO, e un cuarto provedor para as materias de inglés destes niveis educativos. Así, estes contidos sumaranse aos xa dispoñibles no Entorno Virtual de Aprendizaxe..

Ademáis, o alumnado e os docentes dos centros incorporados ao proxecto, disporán dun terminal persoal para uso educativo.