Busca avanzada

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital E-Dixgal para o curso 2019/2020

Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020.


Nova actualización do software OpenBoard

Xa está operativa unha nova actualización do software "OpenBoard" (versión 1.5) para todos os equipos que teñen instalada a maqueta Abalar (Edixgal/Abalar).


Nova versión do actualizador Abalar (versión 1.6)

Xa está dispoñible a nova versión do actualizador Abalar 1.6 que incorpora como principal novidade a posibilidade de desactivar, por parte do usuario, a funcionalidade de actualización automática na versión 18 da maqueta Abalar Libre (versión actual). Esta nova funcionalidade non está dispoñible para as versións anteriores da maqueta.


Actualización dos navegadores web Mozilla Firefox e Chromium nas maquetas Abalar

Actualmente, na maqueta Abalar, non se estaban actualizando a versións recentes os navegadores web Mozilla Firefox e Chromium, coa finalidade de poder garantir que algúns dos recursos educativos que empregaban tecnoloxías Flash ou Java continuasen funcionando axeitadamente.


“Restaurar Escritorio”: unha nova funcionalidade na maqueta Abalar

O sistema operativo Abalar, tanto da versión do equipamento Edixgal como da maqueta AbalarLibre, inclúe unha nova funcionalidade: a de restauración do Escritorio.


Detalles sobre as actuacións do Plan DigiTalent do 1º trimestre do 2019

A continuación recóllense as últimas novidades sobre as actuacións do catálogo DigiTalent do primeiro trimestre do ano 2019, orientadas a achegar as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos/as:


Nova versión da maqueta Abalar Libre (versión 18)

Publicada e dispoñible no portal web de espazoAbalar, dentro do temático "Maqueta Abalar Libre", a nova versión 18 da maqueta Abalar.


A Xunta pon en marcha o grupo de traballo para crear contidos educativos dixitais innovadores no marco do Proxecto Abalar

  • Docentes de diferentes centros educativos xunto con profesionais do sector TIC e do audiovisual elaborarán os recursos empregando tecnoloxías como a realidade aumentada, a gamificación ou a intelixencia artificial
  • Antes de xuño o profesorado do proxecto validará os primeiros contidos

III Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos

Destinatarios/as


DigiTalent – Lanzamento 2ª edición Tecnólogo por un día

Tras a boa acollida e o interese espertado coa primeira experiencia do programa Tecnólogo por un día, a Amtega activa a súa segunda edición ofrecendo novas prazas para que estudantes de 12 a 17 anos coñezan en primeira persoa as dinámicas que dominan ás profesións tecnolóxicas da man de empresas TIC galegas.