NOVA DE ACTUALIDADE 26/07/2017

Consellos de seguridade: Como configurar o correo @edu.xunta.es en clientes de correo e dispositivos móbiles

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

O acceso ao servizo de correo @edu.xunta.es dende dispositivos móbiles empregando canles de comunicación non seguras (WIFIs públicas, ...) constitúe un dos riscos de seguridade que poden comprometer as credenciais de acceso aos servizos educativos. Para reducir eses riscos, desde comezos de setembro, o acceso ao servizo de correo @edu.xunta.es a través de clientes de correo ou dispositivos móbiles, está soamente accesible mediante protocolos e portos que transmitan as credenciais de correo de xeito cifrado e seguro (SSL, TLS).

Polo tanto, para configurar o acceso ao correo @edu.xunta.es, dende un cliente de correo, ou dende un dispositivo móbil é necesario empregar a seguinte configuración:

Acceso/lectura ao correo (axustes entrantes):
Enderezo de correo: <conta>@edu.xunta.es
Usuario: <conta>
Identificación: Contrasinal normal
Servidor IMAP: imap.edu.xunta.es
Porto: 993
Seguridade: SSL ou TLS

Envío de correo (axustes saíntes):
Usuario: <conta>
Identificación: Contrasinal normal
Servidor SMTP: smtp.edu.xunta.es
Porto: 587
Seguridade: STARTTLS (se o seu cliente ou terminal non dispón desta opción de seguridade, debe empregar TLS ou SSL, neste orden de preferencia)

Para solucionar as dúbidas, cóntase cun equipo de soporte técnico na Unidade de Atención a Centros a través do teléfono 881 99 77 01 e do correo electrónico  uac@edu.xunta.es