NOVA DE ACTUALIDADE 12/01/2018

Consellos de seguridade: Consellos de seguridade sobre o correo @edu.xunta.es

No uso dos sistemas de información corporativos de Educación, é importante coñecer que o usuario/contrasinal empregado no acceso ao correo @edu, xade, datospersoais.... é o mesmo en todos os sistemas, polo que hai que ser especialmente coidadoso para evitar un posible problema de seguridade coa conta de usuario de Educación.

Por iso é moi importante que se garden todas as medidas posibles de prevención no uso ordinario dos sistemas de Educación:

  • Acceder dende equipos cun antivirus actualizado, co sistema operativo actualizado, e con todas as actualizacións de seguridade instaladas
  • Non empregar a conta de Educación para darse de alta noutros servizos de uso particular.
  • Non reutilizar o contrasinal de Educación no acceso a calquera outro sistema externo (Facebook, Gmail, Instagram, etc)
  • Non compartir con ninguén as credenciais, nin configurar a conta de Educación nunha plataforma de correo allea á consellería (Gmail, Hotmail, etc.)
  • No momento de acceder, comprobar que ninguén está vendo como se teclea o contrasinal
  • Procurar non acceder dende equipos compartidos non confiables, e menos aínda dende cibercafés, equipos en hoteis, aeroportos, etc.
  • No caso de acceder por redes sen fíos, empregar soamente redes protexidas, preferiblemente con WPA2 ou similares.
  • No caso de empregar por necesidade algún medio de acceso potencialmente inseguro, en canto sexa posible hai que actualizar preventivamente o contrasinal de Educación, non agardando a que caduque.

 

Aplicando os consellos anteriores estarase reducindo a posibilidade de que ocorran situacións nas que persoas non autorizadas obteñan o usuario e contrasinal e fagan un uso indebido del, minimizando o risco dun mal uso posterior das credenciais, ou a que alguén se faga pasar por outra persoa para acceder ao correo, as aplicación de Educación ou calquera outro uso indebido