NOVA DE ACTUALIDADE 09/08/2017

Consellos de seguridade: Por que teño que ter instaladas as actualizacións de Windows e como o teño que facer?

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

De xeito periódico, Microsoft publica boletíns de actualizacións de seguridade que corrixen problemas de seguridade existentes nos seus produtos.

Estes problemas de seguridade son considerados de alto risco, polo que todos os centros educativos están obrigados a tomar a seguintes medidas:

- É imprescindible actualizar tódolos equipos Windows do centro cos parches desenvolvidos polo fabricante do sistema operativo. Para que ditos parches se instalen no equipo de xeito automático, debe ter activado o servizo Windows Update do seu equipo, e configurado para a descarga e instalación automática das actualizacións. Se o devandito servizo non se atopa configurado dese xeito no seu equipo, ademais de activalo debe proceder á descarga e instalación dos parches de seguridade pendentes.

- É imprescindible que o servizo de Windows Update quede permanentemente activado en tódolos equipos Windows do centro, configurado para que as actualizacións de seguridade se instalen de forma automática sen que o usuario do equipo o poida evitar, debendo reiniciarse o equipo ao finalizar as actualizacións.

- Solicítase a todas as persoas usuarias que, en caso de detectar algo anómalo no seu equipo potencialmente relacionado con un ataque informático ou arquivos cifrados nas súas carpetas de ficheiros, apaguen e desconecten o seu equipo da rede de forma inmediata e informen á Unidade de Atención a Centros (UAC). É obrigatoria a notificación á UAC dos incidentes de seguridade, en particular aqueles relacionados con este ataque.

- É importante facer chegar estas recomendacións de seguridade a todo o persoal do centro que teña acceso á rede corporativa de comunicacións.