NOVA DE ACTUALIDADE 04/08/2017

Consellos de seguridade: Que é un virus Rasomware, e que medidas debo adoptar para protexerme?

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Un virus Rasomware é un virus que produce o cifrado dos arquivos contidos no equipo dos usuarios infectados, polo que estos quedan inaccesibles para o seu uso.

Pare evitar que o dito virus se propague ao seu equipo debe adoptar varias medidas:

- É imprescindible que o seu equipo esté actualizado cos parches desenvoltos polo fabricante do sistema operativo para esta incidencia. Para que ditos parches se instalen no equipo de xeito automático, debe ter activado o servizo Windows Update do seu equipo, e configurado para a descarga e instalación automática das actualizacións. Se o devandito servizo non se atopa configurado dese xeito no seu equipo, ademais de activalo debe proceder a descargar os parches pendentes.

- Dado que a fonte habitual de contaxio e a través de correos electrónicos con arquivos infectados, con respecto aos correos, ou a descarga de arquivos débense ter en conta as seguintes medidas:

  • Recoméndase encarecidamente que, no caso de atopar correos electrónicos que veñan de remitentes nos que non se confíe, non descargar os arquivos achegados.
  • E importante non pinchar en ningún enlace nin descargar ningún arquivo adxunto cando o correo proveña dunha fonte descoñecida, independentemente de que o nome do remitente asociado a dito correo electrónico sexa ben coñecido.
  • Sospeitar dos correos con faltas ortográficas ou mala redacción, xa que os correos electrónicos con virus soen estar traducidos de forma automática.
  • Pese a todo, en ocasións os atacantes falsean as direccións simulando unhas coñecidas polo usuario (ex: correos@correos.es), polo que se recomenda máxima precaución cando se ofreza a posibilidade de abrir un enlace ou de descargar un arquivo.
  • Cando considere que o correo poida ser real, non debe pinchar nos enlaces que poda conter o correo, senón abrir un navegador e introducir directamente no mesmo a dirección da organización (Ex: http://www.correos.es, http://www.agenciatributaria.es/, https://bancaelectronica.abanca.com/, …) e dende esa páxina acceder á información que corresponda.
  • Se considera que o correo é falso, o máis recomendable é borralo.

 

- Os sistemas de protección corporativos da Xunta de Galicia evitan que reciba a gran maioría dos correos falsos, cuns niveis de protección superiores ás plataformas de correo gratuítas dispoñibles en internet (gmail, yahoo, Hotmail, etc.). É importante que dende os postos de traballo da Xunta de Galicia só acceda ao correo corporativo da mesma (@xunta.gal, @edu.xunta.es).  Deste xeito se minimiza significativamente o problema.

- Aproveitase para recordar que non se debe gardar información relevante no almacenamento local do posto de usuario, xa que non se fai copias de seguridade desa información. A información relevante debe gardarse sempre nas carpetas dispoñibles nos servidores de ficheiros corporativos ou facendo copias de seguridade periódicas en medios extraibles.