Aspectos didácticos Imaxes Interactivas.


O programa "Imaxes Interactivas" posibilita aos mestres a realización sinxela dunha aplicación web a partires dunha imaxe, sen coñecementos técnicos, de programación, etc... grazas a un editor que facilita a creación de variadas opcións de interactividade.

Tradicionalmente esta tarefa pasaba pola creacion nun editor html dun mapa de imaxes, con "zonas quentes", ou ter coñecementos de programación, etc etc, é dicir, requírese unha formación media e uns coñecementos dun editor html do tipo Dreamweaver, NVU... que o editor de "Imaxes Interactivas" automatiza esas funcions e aporta a creación dunha imaxe interactiva en catro pasos.

Todos os mestres nalgún intre da súa laboura, traballan con imaxes: Fotografías de visitas culturais, da paisaxe, de actividades de alumnos... agora veremos as imaxes interactivas como algo diferente, máis sofisticado; pero que non deixa de ser unha faceta da imaxe dixital, que pode aportar creatividade e, sobre todo, dinamismo á hora de elaborar unha actividade apoiada na imaxe.

O resultado é unha aplicación web máis atractiva para os alumnos na que en distintas partes dunha imaxe, podemos introducir un texto, son, video ou outra imaxe.

Entre as vantaxes que atoparemos ao realizar a nosa imaxe interactiva están:

- Como ferramenta de autor, permítenos que sexa a actividade a que se adapte ao alumno/a (ou grupo) e non os alumnos á aplicación.
- O carácter lúdico da imaxe aumenta a motivación dos alumnos.
- A accesibilidade é completa para todo tipo de usuarios.

Por que interactividade?

A cotío presentamos imaxes aos nosos alumnos como parte da súa aprendizaxe, con "Imaxes Interactivas" empregamos outro procedemento para buscar a reflexión, as inquedanzas e o sentido crítico apoiándonos ademáis no uso da tecnoloxía.

Pero ademáis a importancia do traballo con imaxes interactivas é que permite involucrar aos alumnos, cunha retroalimentación inmediata coa que conseguimos aumentar a motivación. Fomentaremos a creatividade e a resolución de problemas se xogamos coas imaxes interactivas de xeito individual, fomentaremos a mellora de vínculos se as facemos por parellas ou podemos desenvolver a interacción cooperativa se as resolven entre todo o grupo.

Tamén podemos engadir unha ligazón web a unha información maior sobre a imaxe ou o contido que queramos transmitir.

Por que coma un xogo?

O xogo constitúe un dos primeiros actos creativos da persoa e crea un vínculo de sabedoría e afecto, entre o que ensina e o que aprende. E esto é moi bo e necesario nas escolas. É sobre todo unha actividade social.

Ninguén dubida do valor do xogo como aspecto lúdico no desenvolvemento dos rapaces, pero tamén podemos empregar o xogo como un medio educativo; unha técnica na aula a través da que orientar o proceso de aprendizaxe. Trátase de empregar o xogo como fío conductor da nosa actividade.

Coma un xeito da conducta adaptativa, mediante o xogo as nenas e os nenos adquiren uns comportamentos que logo lle servirán para o seu proceso de ensino-aprendizaxe: Respectar os tempos de espera, observar, manipular, asociarse a compañeiros, atender ás regras, etc.. Para iso podemos crear as características e normas do noso xogo ou facer variacións de xogos coñecidos para dotalos de valor para o ensino.

Por que "Imaxes Interactivas"?

Como é unha proposta aberta de creación, e fácilmente adaptable á etapa da Educación Primaria: coñecemento do medio, matemáticas, linguaxe, idioma extranxeiro, educación física, música... e tamén incluso a outras etapas coma a Educación Infantil ou a Secundaria porque a dificultade non a establece o programa senón o seu creador... mesmo unha imaxe pode formar parte dunha pregunta, un párrafo coa pregunta pode escoitarse, etc.

Este aspecto entronca directamente coa participación activa dos alumnos, convertíndose en protagonistas da súa propia aprendizaxe; deste xeito (coa axuda do mestre se é preciso) os alumnos poden elixir os temas sobre que "investigar", tomar as imaxes que levará, gravar os sons, definir a ubicación dos elementos, que cores...

Na maioría das ocasións a novedade de empregar este tipo de aplicacións non reside tanto no tipo de imaxes que presentar aos alumnos, senón o formato no que se presentan e a súa posible difusión na Internet. Eso sí, a incorporación de arquivos de son, imaxes, vídeos, a interactividade... fan que esas imaxes no formato dixital estandar ou no papel sexan difíciles (cando non imposibles) de engadir:
• Permítenos aproximarnos ao nivel de competencia curricular de cada alumna e alumno con facilidade e tantas veces como sexa necesario.
• Supoñen un aforro importante de papel e de gasto en fotocopias. (exporta nun formato imprimible)
• Permite ter un banco de imaxes organizado por categorías e poder intercambialas con outros mestres.
• Ofrece aos alumnos unha retroalimentación inmediata, o que aumenta o interese.


Deste xeito é doado crear un xogo de imaxes interactivas para matemáticas, de cantantes para música, de xogos tradicionais para educación física, dos castros galegos ou lugares do camiño de Santiago para coñecemento do medio, linguaxe, etc.