O editor de Imaxes Interactivas.

[ Prema para ver un titorial sobre o uso do editor. ]

Partes do Editor:

1: Botóns do menú.
2: Cadro de propiedades.
3: Escenario.

Botóns do menú:

Novo: Permite comezar un proxecto novo.
Abrir: Cargar un arquivo XML de Imaxe Interactiva.
Gardar: permite almacenar o traballo. Ábrese unha fiestra para indicar o nome do arquivo XML, a partires deste o editor crea unha carpeta para gardar os elementos multimedia do proxecto. Xenera tamén a páxina web necesaria para ver a Imaxe Interactiva, lendo o arquivo base.html, que utiliza de modelo.
Crear punto: premendo neste botón podemos colocar os puntos, áreas sensibles, no escenario.
Copiar punto: duplica as características e propiedades do punto seleccionado, agás a súa posición.
Borrar punto: para eliminar o punto seleccionado.
Vista: abre no explorador web a páxina que contén a imaxe interactiva.
Empaquetar: premendo neste botón producimos un arquivo con todos os recursos utilizados. En windows o ficheiro é un comprimido con formato ZIP, en sistemas LINUX créase un arquivo TAR.
Axuda: para obter información sobre o funcionamento do editor.

Cadro de propiedades:

FONDO: Configuración das características do proxecto.
Cor: cor de fondo. Pódese premer sobre o botón e escollar unha cor ou escribila no cadro de texto en formato HTML. Para validar hai que premer a tecla ENTER.
Texto: a frase que vai aparecer debaixo da imaxe, tamén o utiliza o editor como título da páxina web.
Imaxe: para escoller a imaxe de fondo. Pode ser en formato JPG,PNG ou GIF (non recomendado por defectos de calidade neste formato gráfico), o botón coa equis serve para eliminar a imaxe.
Son: para seleccionar un son de fondo, en formato MP3, que se escoitará cando se inicie a Imaxe Interactiva. Premendo no botón coa icona do altofalante pódese escoitar o son.


PUNTOS: As propiedades que se poden definir nun punto son: posicións x e y, tamaño ( no caso dun círculo a largura corresponde ao diámetro), cor, transparencia ( 100 opaco - 0 transparente ), forma de rectángulo, círculo, elipse ou cadro redondeado, texto , son e imaxe ( que van aparecer cando se sitúa o rato sobre o punto) e modo, que especifica o formato da imaxe interactiva ( Etiqueta: un tooltip xunto aos puntos, Banda: os textos aparecen nun recadro fixo).
O checkbox que aparece xunto ao código de cor indica se o punto énchese de cor ( marcada ) ou só aparece o borde ( desactivada). Por defecto aparece activada.

As frechas serven para indicar a profundidade dos puntos, é dicir, a orde de superposición.

AO PREMER refírese a acción que ocorre cando o usuario preme nun punto:
Texto, son e obxecto aparecen nunha fiestra. Con obxecto referímonos a elementos multimedia coma imaxes, vídeos ( en formato flv ou mp4 ) ou animacións flash (swf).
Ligazón: enlace web, ou a un arquivo do ordenador que se abrirá cando o usuario fai clic nun punto ou no texto da fiestra.
Texto amplo: premendo neste botón ábrese unha fiestra para escribir textos de maior lonxitude. Se desmarcamos o checkbox o texto, aínda que non se borra, non se amosa no resultado final.

 

Os puntos do escenario pódense mover e redimensionar co rato, un cadro na esquina inferior dereita indica cal é o punto seleccionado, e ao mesmo tempo serve para cambiar o tamaño ( premer no cadro e mover o rato sen soltar o botón esquerdo). As formas que poden tomar os puntos son: rectángulo, círculo, elipse e rectángulo de esquinas redondeadas.

As versións para windows e linux do editor teñen o mesmo funcionamento e posibilidades, agás o formato no que se empaqueta o proxecto, un ZIP en windows e un TAR en linux.

Distribúense xunto co executable dous arquivos importantes: puntos.swf e un ficheiro html que o editor utiliza como modelo para completar a creación do proxecto. Se non existen, o proceso de exportación non se completará con éxito.

[ Prema para ver un titorial sobre o uso do editor. ]