Imaxes Interactivas.

Unha Imaxe Interactiva é unha simple imaxe á que engadimos interación mediante puntos, que son áreas quentes que responden a dúas accións do usuario: pasar o rato ou premer sobre elas.

 

Accións correspondentes a "pasar o rato":

Ao poñer o punteiro do rato sobre o punto cambia a cor do borde e aparece un sinal que indica que vai ocorrer algo ao premer.

 

 

Accións correspondentes a "premer":

 

Os botóns:

Ampliar a fiestra completa.
Anular os sons.
Pechar.
Repetir son.
Amosar todas as etiquetas.

 

Accesibilidade:

A tecla tabulador permite avanzar entre os puntos, aparece unha caixa de cor arredor do punto, ao tempo que se amosan as etiquetas e sons, premendo ENTER o efecto é o mesmo que ao premer no botón esquerdo do rato.
No caso de que o autor non desexe activar o cadro indicador dos puntos, por tratarse por exemplo dunha actividade de atopar os puntos, deberá escribir como transparencia "1".

Teclas activas:

F6: Anular os sons.
F7: Reproducir son.
F8: Amosar todas as etiquetas.
F9: Ampliar.

É posible escoller un son de inicio e aplicar sons ás dúas operacións sobre os puntos: pasar o rato e premer, deste xeito pódense emitir avisos sonoros para axudar ao usuario.

 

Para ver as Imaxes Interactivas necesita un navegador web con plug-in flash player 8 ou superior (windows/linux), ou swfdec en entornos linux.

Capturas que amosan as posibilidades das Imaxes Interactivas:


Etiquetas de texto.


Etiquetas con texto e imaxe.


En modo banda, os textos aparecen debaixo da imaxe.


Cunha imaxe na fiestra que se amosa ao premer nos puntos.


Con texto amplo.


Con vídeo, na parte inferior aparecen os controis de reprodución