Propostas de uso das Imaxes Interactivas.


Para o profesorado:

A utilización de Imaxes Interactivas permite amosar información de xeito interactivo, ao mesmo tempo que fai máis motivador o proceso de ensino-aprendizaxe.
O profesorado pode utilizar as imaxes para enriquecer o sitio web do centro, o blog da aula ou completar outros recursos.

Un dos obxectivos máis importantes que nos fixamos á hora de elaborar esta aplicación é ofrecer ao profesorado unha ferramenta sinxela no uso pero ampla nas posibilidades.

Fases na elaboración dunha Imaxe Interactiva:
1.- Planificación.
2.- Recompilación de recursos: imaxes, sons, animacións, vídeos, textos...
3.- Creación da I.I. co editor, un proceso moi doado e que non leva máis de uns minutos.
4.- Opcional. Integración no blog, no sitio web do centro, noutra actividade,.....

 

Para o alumnado:

Proxectos colaborativos.

3º E.S.O

Elaborar una Imaxe Interactiva co fin de amosar información sobre a visita didáctica que imos realizar á cidade de Santiago de Compostela. Buscar un plano da cidade e situar nel os lugares e monumentos que imos ver.
En pequenos grupos buscar unha imaxe do monumento e información sobre a sús historia.
O resultado final deberá aparecer no sitio web do instituto.

2º Primaria.

As figuras planas.
Imos preparar unha Imaxe Interactiva sobre o mundo das figuras planas, para iso cada alumno e alumna debuxará unha figura: cuadrado, rectángulo, triángulo..... ademáis de gravar a súa voz co nome da figura. Coa axuda da mestra ou mestre xuntaremos todos os traballos para facer a Imaxe Interactiva.

1º ESO.

A evolución da informática
Construir unha Imaxe Interactiva sobre a historia da informática, desde os primeiros e xigantes máquinas de cálculo ata os miniordenadores actuais. Utilizar Internet coma fonte de recursos, ya que tedes que atopar imaxes, sons e información para completar o proxecto.

Educación Infantil.

As cores.
Gravar as voces dos nenos e nenas dicindo o nome dunha cor. Fotografiar obxectos da aula ou o colexio nos que predomine esa cor. Con todos os recursos o mestre ou mestra preparará unha Imaxe Interactiva.