Aspectos técnicos de elaboración.

 

Este proxecto está formado por dúas aplicacións; un editor e un visualizador.

O editor ( editor )foi programado en objectPascal e distribúense versións para windows xx [98,XP,vista...] e linux en entornos GTK2 (GNOME).

Todo o código fonte é orixinal e propiedade dos autores, agás a utilización de unidades externas ( como o parser XML ou o compresor) , pero as súas licenzas permiten o uso sen restriccións.

En windows foi compilado co entorno DELPHI e en linux con LAZARUS, funciona en equipos de arquitectura 386 32 bits, aínda que tamén é posible facer unha compilación para arquitecturas de 64 bits e Apple.

As dúas versións preséntanse como executables standalone, sen necesidade de instalación. "Executar e utilizar" , é posible que en linux sexa necesario modificar os permisos para permitir o uso.

No mesmo cartafol que o editor debe aparecer os arquivos "base.html" e "puntos.swf", o primeiro é o modelo para crear a páxina html e o segundo é o visualizador. Se os arquivos nos están presentes o proceso de creación do proxecto non é completo.

Os usuarios avanzados poden crear o seu propio base.html, coa configuración máis axeitada aos seus propósitos. Tamén poden elaborar unha nova versión de puntos.swf a partires do código fonte, cambiando a estética e personalizando o resultado.

 

O visualizador ( puntos.swf ). Foi construido en flash, combinando actionscript con debuxo vectorial, deste xeito conseguimos que sexa máis doado elaborar versións con aspectos distintos. Como pode ver nos exemplos utilizamos dous "aspectos" . No cartafol "pel_silver" adxuntamos outro visualizador con estética distinta, a forma de utilizar os "skins" é cambiar o nome por puntos.swf e gardalo xunto co editor.

As imaxes interactivas necesitan o flash player 8 ou superior.