Xogamos?
Aspectos didácticos

O proxecto XOGAMOS? posibilita aos mestres a realización sinxela dun xogo de preguntas, mesmo sen avanzados coñecementos técnicos, de programación, de internet, etc... grazas a un editor que facilita a creación de variados tipos de xogos de preguntas.

O resultado é unha aplicación en formato de xogo, mais atractivo para os alumnos.

Ao mesmo tempo que XOGAMOS? permite crear un xogo de preguntas sinxelo e configuración do aspecto gráfico do xogo, o programa non está pechado a maiores posibilidades por parte dos usuarios mais avanzados (taboleiros, movementos, sons, imaxes, vídeos, conexión a scripts de servidor, etc.), ademais de permitires compartir paquetes de preguntas e aspectos de xogos entre os mestres para adaptalos, amplialos, etc.

Entre as vantaxes que atoparemos ao realizar o noso xogo de preguntas están:

- Como ferramenta de autor, permítenos que sexa a actividade a que se adapte ao alumno/a (ou grupo) e non os alumnos á aplicación.
- O carácter lúdico do xogo aumenta a motivación dos alumnos.
- A accesibilidade é completa para todo tipo de usuarios.
- Xera un informe final co que o mestre coñece os erros do alumnado para establecer medidas de corrección axeitadas.

Por que preguntas?

A cotío facemos preguntas ós nosos alumnos como parte da súa aprendizaxe, con EDIPRE empregamos outro procedemento para buscar a reflexión, as inquietudes e o sentido crítico apoiándonos ademais no uso da tecnoloxía.

Pero ademais a importancia do traballo con preguntas é que permite involucrar aos alumnos, cunha retroalimentación inmediata coa que conseguimos aumentar a motivación. Fomentaremos a creatividade e a resolución de problemas se facemos as preguntas de xeito individual, fomentaremos a mellora de vínculos se as facemos por parellas ou podemos desenvolver a interacción cooperativa se as resolven entre todo o grupo.

É importante ofrecer sempre un reto, as cuestións non teñen que ser máis difíciles senón diferentes.

As cuestións serán breves, que se podan resolver dun xeito áxil. Tamén podemos engadir unha ligazón web a unha pequena "pista" para axudar a que o xogo non se deteña.

Por que xogo?

O xogo constitúe un dos primeiros actos creativos da persoa e crea un vínculo de sabiduría e afecto, entre o que ensina e o que aprende. E esto é moi bo e necesario nas escolas. É sobre todo unha actividade social.

Ninguén dubida do valor do xogo como aspecto lúdico no desenvolvemento dos rapaces, pero tamén podemos empregar o xogo como un medio educativo; unha técnica na aula a través da que orientar o proceso de aprendizaxe. Trátase de empregar o xogo como fío conductor da nosa actividade.

Como un xeito da conducta adaptativa, mediante o xogo as nenas e os nenos adquiren unhos comportamentos que logo lle servirán para o seu proceso de ensino-aprendizaxe: Respetar os tempos de espera, observar, manipular, asociarse a compañeiros, atender ás regras, etc.. Para iso podemos crear as características e normas do noso xogo ou facer variacións de xogos coñecidos para dotalos de valor para o ensino.

Por que XOGAMOS?

Como é unha proposta aberta de creación, e fácilmente adaptable á etapa da Educación Primaria: coñecemento do medio, matemáticas, linguaxe, idioma extranxeiro, educación física, música... e tamén incluso a outras etapas coma a Educación Infantil ou a Secundaria porque a dificultade non a establece o programa senón o seu creador... mesmo unha imaxe pode formar parte dunha pregunta, un párrafo coa pregunta pode escoitarse, etc.

Iste aspecto entronca directamente coa participación activa dos alumnos, convertíndose en protagonistas da súa propia aprendizaxe; deste xeito (coa axuda do mestre se é preciso) os alumnos poden elixir os temas sobre que "investigar", tomar as imaxes que levará, gravar os sons, definir a ubicación dos elementos, qué cores...

Na maioría das ocasións a novedade de empregar este tipo de aplicacións non reside tanto no tipo de preguntas ou cuestións que plantexan aos alumnos, senón o formato no que se presentan e a súa posible difusión na Internet. Iso sí, a incorporación de arquivos de son, imaxes, vídeos, a interactividade dalgúns tipos de cuestións... fan que esas cuestións no formato papel sexan difíciles (cando non imposibles) de engadir:

• Permítenos aproximarnos ao nivel de competencia curricular de cada alumna e alumno con facilidade e tantas veces como sexa necesario.
• Supoñen un aforro importante de papel e de gasto en fotocopias. (se exporta nun formato imprimible, a min sérveme a paxina html)
• Como a aplicación corrixe ao usuario ou usuaria en función das súas respuestas, supoñen un aforro importante de tempo de correción
• Xera un informe que nos permite saber en qué falla mais o alumnado e establecer medidas de correción axeitadas.
• Permite ter un banco de preguntas organizado por categorías e poder intercambialas con outros mestres.
• Ofrece aos alumnos unha retroalimentación inmediata, o que aumenta o interese.
Deste xeito é doado crer un xogo de operacións para matemáticas, de cantantes de OT para música, de xogos tradicionais para educación física, unha procura do tesouro, dos castros galegos ou lugares do camiño de Santiago para coñecemento do medio, linguaxe, etc. XOGAMOS? ca túa proposta?