Xogamos?
EdiPre

Vídeo-titorial

EdiPre

Editor de preguntas

É unha aplicación informática para entornos windows e linux que permite elaborar arquivos de preguntas para XOGA, ademáis de permitir a creación de cuestionarios HTML e javascript e crear arquivos para a contorna LIM na modalidade de resposta múltiple.

Os arquivos nativos de EdiPre son ficheiros XML en formato utf-8.

EdiPre non precisa ningún tipo de instalación. Tan só hai que executar o arquivo edipre.exe que ten a seguinte icona:

Unha vez entremos no programa veremos a seguinte pantalla:

Na que podemos apreciar sete elementos na parte superior.

Elementos do EdiPre

1 – Inicio

Na pantalla de inicio temos que cubrir os seguintes campos:

Título: O título ou nome do xogo que imos a crear. Non debería ser demasiado longo. Algo conciso e suxestivo que provoque no usuario curiosidade e interese.

Subtítulo: Aparecerá no xogo nun tamaño menor que o anterior e a súa finalidade é aclarar e concretar o título.

Tempo: Indicaremos o número de segundos que permanecerá en pantalla cada pregunta. O tempo ten que ser suficiente para ler a pregunta e respostas na súa totalidade e un tempo adicional para reflexionar ou facer os cálculos axeitados. Hai que ter en conta que o tempo será o mesmo para todas as preguntas do xogo. Se sobrepasamos este tempo sen seleccionar ningunha das respostas será rexistrada como errónea.

Son: Podemos incluir un arquivo de son en mp3 que se executará cando apareza a pantalla de presentación do xogo.

Axuda: Podemos engadir un arquivo externo cunha axuda explicativa sobre a finalidade, funcionamento ou obxectivos da aplicación.

Autor: Aquí sinalaremos o autor ou autores do xogo de preguntas. Estos autores non aparecerán explícitamente no xogo final, pois no mesmo a autoría pode ser moito máis complexa se temos en conta que no deseño da contorna do xogo pode haber máis persoas implicadas.

Con orde: Se marcamos este recadro as preguntas aparecerán na orde que as escribimos (interesante se queremos seguir unha secuencia exacta en actividades de razonamento ou comprensión, ou se queremos ir incrementando a dificultade das preguntas a medida que avanza o xogo). Se non verificamos este recadro as preguntas aparecerán nunha orde aleatoria.

Intro: Aquí temos espacio para facer unha pequena introducción ao xogo na que é interesante que animenos ao lector a participar. Sinalar que este texto será a porta que deberán clicar os usuarios para iniciar a aventura.

Repetir para todos: Se queremos que unha mesma mensaxe ou son se repita en todas as preguntas cando acertamos ou erramos, podemos escribilas neste formulario. É posible, sen embargo, cambiar estas mensaxes posteriormente nas preguntas que o desexemos.

2 – Preguntas

Agora é o momento de ir editando as preguntas unha a unha:

Son: Arquivo de son que se reproduce ao mostrarse a pregunta. Pode ampliar, complementar ou explicar a mesma. Interesante en música para actividades de recoñecemento de sons, notas ou instrumentos musicais. Pódese volver a escoitar o son durante o tempo da pregunta ou incluso ao final do mesmo clicando nun boton que aparece na parte superior da pregunta.

Imaxe: Fotografía que acompaña ao enunciado da pregunta. A imaxe pode ir en formato jpeg ou png (interesante este último pola súa calidade e a posibilidade de poñer o fondo transparente). O tamaño das mesmas deberá ser 200x180. O player dos xogos pode redimensionalas (pero sempre é mellor que o tamaño non sexa moi diferente). Lembar a posibilidade de optimizar e redimensionar as imaxes por lotes con diversas aplicacións (moitas de elas gratuitas coma o Visualizer Photo Resizer ou o Fotosizer).

Pregunta: As preguntas deben ser claras e concisas. Son dúas liñas pero poden medir o que se queira en lonxitude. Tamén pode escollerse a fonte e o tamaño da letra, co cal o mellor é probar.

Enlace: Ligazón a unha páxina web que axude a respostar a pregunta ou amplíe con información adicional a mesma. Esta ligazón verase coas letras www na parte superior da pregunta no taboleiro do xogo, e pode activarse durante o tempo de resposta ou ao final da mesma antes de pasar á seguinte pregunta.

Respostas: Hai que sinalar ata un máximo de catro posibles respostas, lembre que a resposta correcta debe escribila en primeiro lugar no recadro sombreado. Podemos escribir menos de catro respostas sen ningún tipo de problema.

Correcto-Incorrecto: mensaxes e sons que aparecen cando se avalía a resposta.

Na parte inferior de esta pantalla do editor temos uns botóns para movernos entre as distintas preguntas:

1.- Este botón permítenos ver o listado de preguntas creadas no xogo e cambiar a orde simplemente arrastrándoas. Nelas aparece o número e o enunciado. Interesante para aqueles xogos nos que teñamos seleccionado o recadro “con orde” na pantalla de Inicio. Na parte dereita aparece unha icona co texto “Ordenar” por se queremos volver á orde orixinal.

2.- Se clicamos este botón eliminamos a pregunta que estamos editando.

3.- Ir á primeira pregunta.

4.- Ir á pregunta anterior.

5.- Editar unha nova pregunta.

6.- Ir á seguinte pregunta.

7.- Ir á última pregunta creada.

8.- Número da pregunta actual.

9.- Gardar os cambios.

3 – Final

Aquí aparecen as mensaxes e sons que se amosan cando remata o xogo.

Xogo finalizado ben: Esta mensaxe sairá cando o participante remata o xogo (se é dun só xogador) ou se gaña ao acertar máis preguntas que o seu compañeiro (se é para dous xogadores).

Xogo finalizado mal: A mensaxe de este formulario amosarase cando debido ao elevado número de erros o programa remata as preguntas creadas. Neste caso invítase ao participante ou participantes a reiniciar o xogo desde o principio. Sinalar que o “XOGa” está deseñado para non repetir nunca as preguntas nun mesmo xogo. Se o número de intentos fose ilimitado podería provocar que o alumno contestase as preguntas ao chou para acadar o resultado final de rematar o taboleiro, sen amosar o interese e atención esixidos neste tipo de xogos educativos.

4 – Novo

Se clicamos este botón iniciamos un novo arquivo de preguntas pero perderíanse as editadas ata ese momento.

5 – Abrir

Podemos abrir e editar un arquivo de preguntas creado co EdiPre para visualizalo, modificar algún erro ou incrementar o número de preguntas.

6 – Exportar

EdiPre permite exportar nos seguintes formatos:

XML, para utilizar como arquivo de preguntas en XOGa.

HTML, para crear páxinas web tipo cuestionarios , enquisas , etc.

JavaScript , xera un arquivo HTML con javascript para un cuestionario sinxelo.

LIM, para elaborar un libro-LIM .

Se desexa copiar os arquivos de imaxe-son debe activar a casiña “COPIAR ARQUIVOS”.

Con “EMPAQUETAR” activado, EdiPre xera un arquivo .tar con todos os ficheiros utilizados.

Algúns formatos (HTML ou Javascript) permiten escoller as características do resultado final:

Folla de estilo: seleccione un ficheiro de estilo para mellorar o aspecto visual da páxina web.

Enviar a…: escriba o nome do script que procesará a información.

Campo1-2, se quere ofrecer aos usuarios campos de texto para escribir o seu nome,etc.

Campo oculto: para enviar xunto co formulario información non visible.

Texto: Para engadir información suplementaria.

UTF-8: se desexa utilizar esta codificación.

Revolver respostas: para amosar as posibles respostas á pregunta, en orde aleatoria.

Lembre que se desexa que as preguntas manteñan a orde debe activar o recadro “CON ORDE” na fiestra de inicio.

7 – Axuda

Botón con información acerca do funcionamento e estructura de esta ferramenta.