Xogamos?
Xoga

Xoga

O núcleo de "Xogamos?" é o arquivo xoga.swf que actúa como un intérprete dos ficheiros XML de configuración, estes documentos establecen o aspecto gráfico do xogo (interfaz gráfica) e as preguntas, mensaxes , sons,etc. O resultado é un xogo de preguntas-respostas totalmente configurable tanto no apartado gráfico como no de contidos. Ao traballar separando aspecto de contidos perséguese facilitar o traballo ao usuario, que pode ocuparse de preparar preguntas sen preocuparse do deseño ou viceversa.

Requisitos: necesita o plugin flash player , versión 8 ou superior.

A forma de ligar o arquivo de contidos (preguntas) e o de deseño(xogo) é mediante código html, por exemplo:


<body bgcolor="#ffffff">
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" codebase="http://fpdownload.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=8,0,0,0" width="100%" height="100%" id="xoga" align="middle">
<param name="allowScriptAccess" value="sameDomain" />
<param name="movie" value="xoga.swf" />
<param name="quality" value="high" />
<param name="bgcolor" value="#ffffff" />
<param name="FlashVars" value="xogo=xopaz/xopaz.xml&preguntas=paz/preguntas.xml">
<embed src="xoga.swf" FlashVars="xogo=xopaz/xopaz.xml&preguntas=paz/preguntas.xml" quality="high" width="100%" height="100%" name="xoga" align="middle" allowScriptAccess="sameDomain" type="application/x-shockwave-flash" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer" />
</object>



Unha vez iniciada a páxina HTML con xoga.swf embebido como script , este busca os ficheiros de deseño e preguntas segundo a definición creada polas variable xogo e preguntas, no caso de que non aparezan definidas, xoga.swf intenta acceder a xogo.xml e preguntas.xml (arquivos por defecto).
Unha vez leidos os documentos XML iníciase o proceso de carga das imaxes, durante este tempo móstrase unha animación para indicar que a descarga non se completou.

En caso de atopar erros xoga.swf mostra mensaxes sobre o tipo de erro.

Se o xogo foi creado para dous xogadores, aparecen cadros de texto para completar cos nomes a fin de diferenciar as preguntas.

Os elementos comúns a todos os xogos , se o autor do deseño así o estableceu, son:
Cronómetro: indica o tempo transcorrido. Pode ser mediante números ou por efectos sobre unha imaxe.
Marcador: reflicte o total de preguntas e o número de respostas correctas.
Logo: imaxe con fins diversos.
Fondo: imaxe de fondo.
Marco: imaxe sobre a que aparecen as preguntas.
Taboleiro: espazo de xogo.Aínda que esta definición non é correcta.
Botóns: axuda, son ou iniciar pregunta.
Pezas de xogo.

Para dar paso ás preguntas pódese premer o botón de preguntas.

As mensaxes, sons, movemento de pezas, etc son determinados polos autores do xogo.

Xunto ás preguntas, na esquina superior esquerda aparecen dous botóns ( se o autor das preguntas así o determina ) para repetir o son da pregunta e acceder a máis información ( enlace web ou local ).

xoga.swf permite utilizar vídeos en formato flv, sons mp3 , imaxes png,jpg e gif(non se recomenda) e animacións swf.

Uso do teclado:
Xoga pode utilizarse desde o teclado coas seguintes teclas:
1,2,3,4 : resposta introducida polo usuario ou usuaria.
5: pregunta seguinte.
6: repetir son.
7: abre unha fiestra no navegador se a pregunta ten unha ligazón.
8: axuda.
9: parar a reproducción do son.

Na esquina superior esquerda do marco de preguntas poden aparecer dous botóns que se utilizan para reproducir de novo o son (1) e abrir unha ligazón web (2), estos botóns so están dispoñibles se o autor das preguntas utilizou sons e ligazóns.
Para reproducir de novo o vídeo debe premerse na fiestra do vídeo.

Para crear os arquivos XML pode utilizarse un editor de textos ( coidado coa codificación: utf-8) , ou usar dúas ferramentas complementarias: edipre e dex.