ANÁLISE MORFOLÓXICA E SINTÁCTICA
Lorenzo Varela
Ortografía
Conxunción
1.- ANÁLISE MORFOLÓXICA E SINTÁCTICA

1.- O home mallaba nela, deixouna moi mal

2.- A aquelas amigas miñas non lles saíron ben as frases

3.- Os mozos presenciaron entusiasmados a victoria do Dépor

4.- Alguén comía no queixo mentres eu vía o Luar na Galega

5.- Meu pai contemplou absorto a derrota do Celta

6.- Non lle me gustan as teleseries

7.- Ao chover, énchense de lama as corredoiras

8.- Ultimamente a miña cadela non che me come nada

9.- Saíu con María pola Ferrería cara ao Campiño, púxose moi contento

10.- O Teucro foi aplaudido polo público

11.- Hai moito listiño nesta aula

12.- O meu instituto éche branco e está moi pintadiño

13.- Ese premio foille entregado a Luís polo mesmísimo director

14.- Antón está canso, deitouse tarde, ergueuse cedo e saíu a fume de carozo

ANÁLISE MORFOLÓXICA FEITA
ANÁLISE SINTÁCTICA FEITA

 

2.- ANÁLISE SINTÁCTICA

1.- Ledicia déuchelle un bico na fronte a Felipe e púxose contenta porque o quere ou está namorada, pero despediuse del despois de bicalo, dixo que ía á perruquería que está diante da catedral. Se a voda é bonita, meu pai chorará aínda que miña nai ría tanto como poida.

2.- Mario é parvo, quedou cortado cando lle dixen iso e colléucheme da man. Pensou que o agardaría na rúa que está diante do Sánchez Cantón.

3.- Aínda que llo diga pronto, non me crerá se non estás ti alí. Resulta divertido andar con parvadas que logo son certas.

4.- Antonio aprobouche o exame porque estudou moito aínda que non lle quedan as cousas na cabeza, pero ten vontade e chégalle.

5.- Elías déuchelle unha pancada na perna a Manuel e púxose furioso porque o odia ou está enfadado, mais despediuse del despois de maltratalo, dixo que ía á libraría que está diante da Peregrina. Se a igrexa é bonita, os turistas gozarán da vista aínda que os guías falen tanto que queden roucos. Algúns turistas son asaltados por persoas que lles piden algo. Se non llelo dan, piden, piden e piden

6.- Aínda que Noa falte, a profesora non se enfadará pero poñeralle falta e dirallo ao titor se o atopa no corredor. Cando llo diga, non se enfadará porque é un bo titor ou ten debilidade polo seu alumnado. Díxome que os alumnos que faltan ás clases é para estudaren na casa, polo tanto é un mal menor. O cartafol está onde ela o deixou, está como ela o deixou de xeito que se lle vexa a foto de Castelao. Faltar ás clases é moi malo.

2005-2011