FRASEOLOXÍA
ogalego.eu
Paco Martín
Así falan en Trasar
sms en galego

1.- Significado da frase.
2.- Ordenar frases
3.- Significado da frase I e II
4.- Proverbios
5.- Adiviñas

1. Indicar cal das tres solucións significa o mesmo que a resaltada

1. Por levar esa vida anda á miñoca o Pedro.

  • Vive como un rei.
  • Non ten para comer.
  • Aliméntase de miñocas.
SOLUCIÓN

2. Se o vexo, vou ter unhas palabras con el.

  • Rifar, botar algo en cara.
  • Conversar un anaco.
  • Contar unha historia.
SOLUCIÓN

3. Agarda, que vou facer de corpo e xa volvo.

  • Evacuar a urina.
  • Defecar.
  • Vomitar, trousar.
SOLUCIÓN

4. Paréceme que a ese lla van armar con queixo se non se move.

  • Atraelo a engano con algo apetecíbel.
  • Darlle un golpe no queixo.
  • Collelo durmido.
SOLUCIÓN

5. Hoxe o André está que non lle colle un grao de millo no cu.

  • Como un meniño con zapatos novos.
  • Moi ben sentado e acomodado.
  • Moi duro de ventre.
SOLUCIÓN

6. A D. Afonso, desta vez saíulle a burra capada.

  • Estaba xogando á baralla e saíulle o cabalo de bastos.
  • Resulta que a súa burra non pode ter burriños.
  • Saíulle mal un negocio e perdeu cartos.
SOLUCIÓN

7. Cando escoitei iso, dixen coa miña lingua pequena: vai haber barullo.

  • Dicir con voz insegura e tímida.
  • Dicir en voz baixa, en segredo.
  • Dicir para si, pensar.
SOLUCIÓN

8. Sabedes o que me contestou? Pois: xa se meteu o demo a predicador.

  • Es moi gracioso predicando.
  • Estás a dar consellos, ti que es o menos indicado.
  • Iso parece cousa do demo.
SOLUCIÓN

9. Parece que o seu avogado está decidido a tirar da manta.

  • Refrescar o corpo.
  • Ver de que cor son as sabas.
  • Descubrir a verdade caia quen caia.
SOLUCIÓN

10. Que fai? Pois, ultimamente, anda aos grilos.

  • Ocúpase en cousas sen utilidade, vas.
  • Caza grilos e véndeos a unha fábrica de conservas.
  • Anda coa cabeza nas nubes.
SOLUCIÓN

11. Amigo, penso que con eses métodos vas mallar en ferro frío.

  • Facer moita forza.
  • Cansarte moito.
  • Perder o tempo.
SOLUCIÓN

12. Non hai que lle facer, é un Xan debaixo da cama.

  • Non fai máis que durmir.
  • É unha persoa sen vontade, sen valor.
  • Todo o fai ao revés.
SOLUCIÓN

13. A Andrea pretende meterme os dedos polos ollos.

  • Apagar a luz.
  • Que crea o contrario do que está claro.
  • Darme unha labazada.
SOLUCIÓN

14. Se fallas, vaiche caer o pelo.

  • Romper a cabeza.
  • Recibir o xusto castigo.
  • Ficar case calvo.
SOLUCIÓN

15. Sempre anda a lavarlle a cara a D. Rosendo.

  • Adulándoo, loándoo.
  • Resolvéndolle os problemas nos que se mete.
  • Facéndolle a limpeza persoal.
SOLUCIÓN

16. O mellor vai ser dar sebo aos pés.

  • Saír de vagar e en silencio.
  • Gobernar os pés para que non manque o zapato.
  • Fuxir canto antes e lixeiro.
SOLUCIÓN

17. Esquece ese asunto, que sería botarlle aceite ao lume.

  • Aumentar o interese.
  • Irritar os ánimos.
  • Avivar a labarada e o fume.
SOLUCIÓN

18. Púxose coma un pito ao saír da escola.

  • Entroulle unha alegría tola.
  • Enfadouse moito.
  • Mollouse todo.
SOLUCIÓN

19. A ese vanlle calcar as costelas un día destes.

  • Mallarlle o lombo.
  • Operalo da columna vertebral.
  • Empurralo forte e sen consideración.
SOLUCIÓN

20. Veña, que xa me comeza a ladrar o estómago.

  • Ter fame.
  • Ter a dixestión pesada.
  • Impacientarse.
SOLUCIÓN

21. Parece mentira, déitase coas galiñas e anda cheo de sono.

  • Déitase no poleiro.
  • Dorme coa cabeza moi alta.
  • Déitase moi cedo.
SOLUCIÓN

22. Vaia, xa botaches a lingua a pacer!

  • Botaches a lingua fóra en sinal de burla.
  • Dixeches unha barbaridade.
  • Puxécheste a comer.
SOLUCIÓN

23. Se queres conseguir algo del, has de lle untar o carro.

  • Atraelo á túa causa con regalos.
  • Arranxarlle o eixo da carreta.
  • Darlle unha malleira.
SOLUCIÓN

24. Pronto me decatei de que María lle enchía o ollo a Martiño.

  • Gustáballe, caíalle ben.
  • Facíao chorar.
  • Facíao rir ás gargalladas.
SOLUCIÓN

25. Meu avó estaba sempre coas esporas postas mentres viviu alí.

  • Traía as botas de coiro do inverno.
  • Estaba de moi mal xenio.
  • Estaba listo para marchar, para saír.
SOLUCIÓN

2. Cada locución da primeira columna corresponde á explicación da segunda. Ordenalas

1. Saír a fume de carozo.

2. Non ter unha fala máis alta que outra.

3. Escoller como en peras.

4. Polos bois antes do carro.

5. Asar a manteiga na punta dun guizo.

6. Dar coa porta nos fociños.

7. Dar couces contra o aguillón.

8. Esas son fabas contadas.

9. Ser un cu de mal asento.

10. Entre o coiro e a carne.

11. Botar os fígados.

12. Verlle as orellas ao lobo.

13. Andar coa mosca tras da orella.

14. Dar unha no cravo e outra na ferradura.

15. Facerlle a cama a alguén.

 

1. Tentar facer algo imposíbel.

2. Elixir o que se queira e como se queira.

3. Despedir de má maneira.

4. Non acougar en ningures.

5. Saír o máis rápido que se pode.

6. No máis vivo, no que máis doe.

7. Ver os perigos, os males de algo.

8. Facer algo moi á présa, antes do debido.

9. Preparar todo para que algo lle saia mal.

10. Non alterarse por nada, ser comedido.

11. Ir mesturando o bo e o mao.

12. Estar desconfiado, temendo algo.

13. Obstinarse con algo imposíbel.

14. Tratarse de algo que escasea moito.

15. Traballar ou esforzarse demasiado.

 

3. Indicar o significado das locucións

  1. Pór toda a carne no espeto.
  2. Sangrar como un carneiro.
  3. Ver o ceo aberto.
  4. Levar o corazón na man.
  5. Deixar co mel nos beizos.
  6. Ter bo dente.
  7. Entrar de gorra nun sitio.
  8. Ir cos da feira e volver cos do mercado.
  9. Saír coas orellas gachas.
  10. Marchar co rabo entre as pernas.
  11. Vivir de moca.
  12. Andar coa area no zoco.
  13. Cacarexar e non pór o ovo.
  14. Andar con pés de la.
  15. Estar en estado interesante.
  16. Facerlle as beiras a alguén.
  17. Facerlle a figa a alguén.
  18. Estar como peixe na auga.
  19. Ser agudo como un allo.
  20. A procesión vai por dentro.

4. Indicar o significado da locución remarcada

  1. Naquel sitio o sol aburaba as pedras.
  2. Iso é como coller auga nun cesto.
  3. Xa podes ir botando a barba a remollo.
  4. Un sol deses que fai abrandar as pedras.
  5. Desde a guerra non ergueu cabeza.
  6. A ese hai que lle acusar as corenta calquera día.
  7. Déixao, que hoxe non está para festas.
  8. Sempre se foi gobernando co que lle daban os tíos e agora dá xenio velo.
  9. Cando viu que o caixeiro estarricou a pata, tragouno a terra.
  10. Mentres ti miras polas ovellas, eu vou mollar a palleta á casa.
  11. Antes estaban como o can e o gato, agora téñense lei unha á outra.
  12. Primeiro déronche gato por lebre e agora déixante na estacada.
  13. Ese libro é todo palla aínda que o profesor o puxo polas nubes.
  14. Dáme o corpo que ese libro é mais vello que andar a pé.
  15. Deixa pasar uns anos e verás como todo se vai en fume, e acaba morrendo como un can.
  16. Como non cambie de actitude, vai levar cachote.
  17. Curar, curaches; mais quedaches feito unha espiña.
  18. Outra vaca no millo! Mellor che sería estares calado.
  19. Iso é un farrapo de gaita, non interesa.
  20. Vai andando se queres, mais haiche a carreiriña dun can.

5.-Completar os seguintes proverbios coa palabra correspondente da columna dereita

1. Cando non hai can o raposo é ...

2. O comer e o rañar vai no ...

3. Uns comen as noces e outros levan as ...

4. Nas uñas e nos pés haste parecer a quen ...

5. Na terra do bo saber, segundo fagan ...

6. Do cu e do superior, canto máis lonxe ...

7. A muller que asubía e mexa de pé, nunca boa ...

8. Cando o vento canta, sabe ben a ...

9. Na terra do meu home, quen non traballa non ...

10. Unha vez vello, dúas veces ...

11. De banquetes e grandes ceas estás as sepulturas ...

12. Dálle Deus pan a quen non ten ...

13. Coida o ladrón que todos son da súa ...

14. De boas intencións está o inferno ...

15. O home onde nace, o boi onde ...

16. Vale máis paxaro na man que cento ...

17. Un gran non enche celeiro, pero axuda ao ...

18. O mao estudiante, farto de sono e morto de ...

19. A cabalo dado non se lle mira o ...

20. Can ladrador, pouco ...

21. Nunca digas: desta auga non ...

22. Quen ten lingua vai a ...

23. Ladrón que rouba a ladrón ten cen anos de ...

24. Quen espera ...

1. compañeiro

2. mordedor

3. Roma

4. neno

5. dentes

6. cheas

7. empezar

8. é

9. es

10. capitán

11.mellor

12. come

13. beberei

14. voces

15. cheo

16. fame

17. a voar

18. perdón

19. pace

20. facer

21 desespera

22. rabo

23. condición

24. manta

6.- Adiviñas

Que é unha cousiña cousa que está se hai sol e, se non hai sol non está?

SOLUCIÓN

Verde por fóra e rubia por dentro, e moitas negriñas no doce centro

SOLUCIÓN

Unha vella cun só dente, chama a toda a súa xente.

SOLUCIÓN

Teño catro pés e non son animal; bríllanme os ollos na noite e sen beber non podo andar

SOLUCIÓN

Que cousiña será para adiviñar, que ten orellas coma o gato, pés coma o cato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é?

SOLUCIÓN

Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala

SOLUCIÓN

Ten barbas e home non é, ten dentes e non pode comer

SOLUCIÓN

Son moi fermoso por diante e moi feo por detrás; cambio a cada instante e arremedo aos demais

SOLUCIÓN

Que cousiña é que se pon na mesa, córtase, repártese e non se come?

SOLUCIÓN

Unha saba branca, sen algodón, que cobre o mundo e o río non

SOLUCIÓN

Que cousiña é que nunca se pode tocar coa man esquerda?

SOLUCIÓN

Por un carreiriño moi mal empedrado, ando e non me mollo e sempre vou mollado

SOLUCIÓN

Que cousiña será que por moito que lle dea o sol nunca enxoita a verás.

SOLUCIÓN

Que será unha cousiña cousa que pasa polo río e non se molla e pasa polo lume e non se queima?

SOLUCIÓN

Longo como un camiño, torto coma un fouciño e corre coma un canciño

SOLUCIÓN

Do tamaño dunha cazola e ten ás e non voa

SOLUCIÓN

De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?

SOLUCIÓN

Cen e cen fillos ten e todos a leite os mantén

SOLUCIÓN

Que cousiña é que canto máis lle poñen máis pequena é e canto máis lle sacan, máis grande é

SOLUCIÓN

Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca

SOLUCIÓN

A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os pés para atrás.

SOLUCIÓN

En débeda con: ¿Que cousa é cousa?..., Paco Martín, Ed. Galaxia.

2005-2011