ARTIGO
Rosalía de Castro
Substantivo e adxectivo
Suxestións para traballos
 
1.-Encher ocos co artigo

1.- Encher os ocos co artigo correspondente, facendo as contraccións necesarias

AXUDA?
  1. Quero que pintes ... garaxe antes do inverno.
  2. O neno ficou sorprendido ao ver que ... leite saía a fío por ... ubre da vaca que estaba muxindo seu tío.
  3. Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer ... viraxe bruscamente para evitarmos ... choque contra ... camión.
  4. Levantóuselle ... forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña ... cartos para lle dar ... dote.
  5. Mentres arrolaba ... berce de ... seu neto miraba con desacougo para ... lume que se achegaba ameazadoramente a ... casa desde ... cume de ... monte.
  6. ... febre fora provocada por ... farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido a ... árbore que estaba diante de ... súa casa.
  7. ... aguia é ... ave que percorre o ceo voando e ... anguía móvese sempre por ... auga.
  8. Houbo que lle facer ... análise de sangue porque temiamos que tivese ... infección provocada por ... ferida que fora consecuencia de ... couce daquel burro.
  9. En ... ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar ... fume que viña de ... fábricas que se vían en ... horizonte.
  10. De onde se saca ... mel? Preguntas. Seica ... abellas producen mel e tamén en ... tendas venden mel de flores.
  11. Dáballe tanto noxo ... sangue, que despois de ver aquel accidente estivo un bo anaco limpando ... cuspe en ... pano de man.
  12. En ... cárcere de ... miña vila había ... personaxe que suscitaba a curiosidade de todos ... veciños: cando calquera persoa pasaba por debaixo de ... súa fiestra sempre lle facía ... sinal de que gardase silencio.
  13. Non permitas que ... teu fillo colla ... costume de meter ... dedo en ... nariz.
  14. Ao baixar de... barco, meteu o peixe en ... paxe e despois de facer ... viaxe ata ... cidade conseguiu vendelo todo pregoándoo por ... as rúas.
  15. ... orixe de ... orde de desaloxamento non se sabe cal foi, mais ninguén discutiu ... súa oportunidade.
  16. Hai que engraxar ... engrenaxe desa maquinaria, porque renxe moito ao poñela en funcionamento.
  17. Gustaríame que me fixeses ... labor: ir mercar ... cal para pintar ... teito dese cuarto antes da festa.
  18. Sempre souben que ... teu irmán tiña ... arte especial para facer ... augardente de herbas.
  19. ... riso de Helena é entrañábel, é case tan atraente como ... sorriso de Raquel.
  20. Todos eses teus problemas teñen ... orixe, con seguridade, en ... túa teima por te peiteares sempre a ... moderna.
  21. Xa sei que ... cor azul non lle gusta máis que ... cor verde, mais iso non é razón para que toda ... súa roupa sexa unicolor.
  22. Necesitei que me puxesen ... vendaxe na man porque a escordei onte mentres facía ximnasia en ... colexio.
  23. Todos a ... abordaxe!, berrou ... capitán de .. barco a ... tempo que el xa comezaba a correr.
  24. Mira ... plumaxe desas pombas: cada unha ten ... cor diferente, nunca antes vira semellante variedade.
  25. En ... última asemblea decidiuse por unanimidade darlle ... homenaxe a ... noso vello profesor de galego.
  26. Ofendeuse a causa de ... énfase que ... seu parente puña en defender perante el ... seu maior inimigo.
  27. ... eclipses de Sol e Lúa son fenómenos que se producen moi esporadicamente.

2.- Responder á pregunta onde vai el?
Por exemplo, vai en Lugo, vai na Coruña

  1. Italia
  2. Londres
  3. África
  4. Irán
  5. Roma
  6. Arxentina
  7. Rúa de Petín
  8. Uruguai
  9. Pontes da García Rodríguez
  10. Padrón
  11. Barco de Valdeorras
  12. Galicia
  13. Chile
  14. Lisboa
  15. Guinea
  16. Pobra do Caramiñal
  17. Venezuela
  18. Brasil
  19. Pobra de Trives
  20. Xapón
  21. Porto
  22. Ferrol
  1. Carballiño
  2. Coimbra
  3. Francia
  4. Ribeira
  5. China
  6. Monforte
  7. Canadá
  8. Arabia
  9. Países Baixos
  10. Canarias
  11. Porriño
  12. Cataluña
  13. Filipinas
  14. España
  15. Limia
  16. Ortigueira
  17. Perineos
  18. Suíza
  19. París
  20. Marrocos
  21. Toxa
  22. Rusia
  1. Perú
  2. Exipto
  3. Cairo
  4. India
  5. Caldas de Reis
  6. Chantada
  7. Amazonia
  8. Ordes
  9. Guarda
  10. Buenos Aires
  11. Peares
  12. Santa Comba
  13. Estrada
  14. Viveiro
  15. Cebreiro
  16. Fonsagrada
  17. Mariñas
  18. Melide
  19. Incio
  20. Pontenova
  21. Carballo
  22. Foz
2005-2011