SUBSTANTIVO E ADXECTIVO

M.X. queizán
demostrativo
Artigo
1.- Colocar o artigo
2.-
Nome de árbore froiteira
3.-
Indicar o feminino
4.- Pares de palabras
5.-
Poñer en plural
6.- Frases en plural
7.- Completar frases
8.- Superlativos sintéticos
9.- Indicar superlativos
10.- Comparativos

1.- Poñerlles o artigo a cada unha destas palabras

  1. arte
  2. poema
  3. costume
  4. talismán
  5. lume
  6. orde
  7. ra
  8. dote
  9. perdiz
  10. fe
  11. sorriso
  12. marxe
  13. cume
  14. cor
  15. pa
  16. sinal
  17. la
  18. calor
  19. viaxe
  20. cofre
  21. culler
  22. análise
  23. longametraxe
  24. arma
  25. palafita
  1. grilo
  2. be
  3. aguia
  4. árbore
  5. nariz
  6. carne
  7. noz
  8. peaxe
  9. azar
  10. sal
  11. colar
  12. cárcere
  13. ponte
  14. dor
  15. ubre
  16. val
  17. xénese
  18. mel
  19. corvo
  20. orixe
  21. puré
  22. labor
  23. sofraxe
  24. cuspe
  25. talle
  1. cal
  2. café
  3. ele
  4. énfase
  5. auga
  6. couce
  7. pixama
  8. atlas
  9. cinceiro
  10. leite
  11. zapato
  12. pálpebras
  13. garaxe
  14. cabelo
  15. humor
  16. fel
  17. legume
  18. costume
  19. carraxe
  20. diadema
  21. teclado
  22. riso
  23. síndrome
  24. masacre
Corrección de todas

2.- Indicar o nome da árbore que produce os seguintes froitos

  1. mazá (foto)
  2. pera
  3. limón
  4. cereixa (foto)
  5. améndoa
  6. laranxa (foto)
  7. pexego
  8. bévera
  9. oliva (foto)
  10. ameixa
  11. abelá
  12. amorodo
  13. figo (foto)
  14. néspera (foto)
  15. castaña (foto)
  16. plátano
  17. marmelo (foto)
  18. uva (foto)
  19. amora
  20. noz (foto)
Corrección das 20

3.- Indicar o feminino de

  1. tecelán
  2. carneiro
  3. abade
  4. neno
  5. poeta
  6. ladrón
  7. sacerdote
  8. avó
  9. príncipe
  10. cónsul
  11. ateo
  12. home
  13. autor
  14. cabaleiro
  15. saltón
  16. frade
  17. patrón
  18. vizconde
  19. langrán
  20. sogro
  21. emperador
  22. cabalo
  23. insán
  1. curmán
  2. pastor
  3. sapo
  4. alcalde
  5. estudante
  6. europeo
  7. heroe
  8. padriño
  9. sultán
  10. louzán
  11. español
  12. toleirón
  13. reo
  14. solteirón
  15. compostelán
  16. capitán
  17. rapaz
  18. mentirán
  19. mestre
  20. folgazán
  21. pai
  22. monxe
  23. pailán
  1. cristián
  2. boi
  3. campión
  4. lambón
  5. marido
  6. galo
  7. tsar
  8. xudeu
  9. león
  10. francés
  11. padrasto
  12. aldeán
  13. temperán
  14. deus
  15. papa
  16. compadre
  17. señor
  18. rei
  19. papón
  20. can
  21. actor
  22. nugallán
  23. livián
  1. xenro
  2. cidadán
  3. pega
  4. intérprete
  5. fisterrán
  6. barón
  7. castrón
  8. macho
  9. pardal
  10. parente
  11. mártir
  12. castelán
  13. alemán
  14. contratista
  15. duque
  16. embaixador
  17. irmán
  18. marrán
  19. cru
  20. vilán
  21. alto
  22. baixo
  23. porcallán
Corrección de todos

4.- Explicar as diferenzas entre os seguintes pares de palabras

  1. bolso-bolsa
  2. caldeiro-caldeira
  3. cancelo-cancela
  4. caxato-caxata
  5. coiro-coira
  6. cuartillo-cuartilla
  7. fouciño-fouciña
  8. leño-leña
  9. machado-machada
  10. peso-pesa
  1. pipo-pipa
  2. porto-porta
  3. pozo-poza
  4. rato-rata
  5. río-ría
  6. saco-saca
  7. teto-teta
  8. tixolo-tixola
  9. vasoiro-vasoira
  10. viño-viña
Corrección dos 20 pares

5.- Poñer as seguintes palabras en plural

AXUDA?
  1. local
  2. fusil
  3. tren
  4. paraugas
  5. áxil
  6. rapaz
  7. mil
  8. útil
  9. amábel
  10. lobo
  11. ruín
  12. gardacostas
  13. multicolor
  14. quebranoces
  15. xirasol
  16. cabalo do demo
  17. lei
  18. estrela de mar
  19. sapoconcho
  20. porco teixo
  21. decreto lei
  22. xardín
  23. tal
  24. animal
  25. café
  26. lenzo
  27. oasis
  28. pita do monte
  29. álbum
  30. vacaloura
  31. anorak
  32. iceberg
  1. dólar
  2. a
  3. plural
  4. cor
  5. cónsul
  6. venres
  7. garda civil
  8. pel
  9. can
  10. pobre
  11. fiel
  12. verdade
  13. asistente
  14. cruz
  15. bo
  16. tonel
  17. luns
  18. réptil
  19. señor
  20. país
  21. cru
  22. galego-portugués
  23. cal
  24. túnel
  25. lambón
  26. español
  27. mandil
  28. pereira
  29. sol
  30. vagalume
  31. test
  32. pub
  1. exalumno
  2. fácil
  3. rei
  4. anel
  5. dolmen
  6. un
  7. xudeu
  8. baúl
  9. cartafol
  10. caracol
  11. hotel
  12. algún
  13. bocoi
  14. azul
  15. fiábel
  16. israelí
  17. proxectil
  18. motor
  19. clímax
  20. civil
  21. u
  22. ancián
  23. dor
  24. mel
  25. tórax
  26. xentil
  27. ollomol
  28. lapis
  29. prismáticos
  30. tándem
  31. dúplex
Corrección de todos

6.- Poñer en plural as seguintes frases

1.- O marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.

2.- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.

4.- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.

5.- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.

6.- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.

7.- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.

8.- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.

9.- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.

10.- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.

11.- Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.

12.- No local social dese organismo tómase moito café.

13.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.

14.- O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.

15.- Aquel capitel representa unha escena celestial.

16.- O martes sempre vén algún rapaz.

17.- O corazón senil tamén pode ser pasional.

18.- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.

19.- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.

20.- É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.

21.- O e pode ser unha vogal aberta ou fechada.

22.- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.

23.- Cacei unha perdiz naquel piñeiral.

24.- Esa fábrica téxtil ten unha parede anil.

25.- Crese que o pardal é capaz de cantar unha hora enteira.

26.- Pon o mantel da mesa grande e vai traendo o pemento cru.

27.- Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor insufríbel.

28.- O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e dócil.

29.- A explosión foi provocada por un gas letal.

30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación da sucursal existente.

31.- Algún proceso febril esixe un tratamento delicado.

32.- Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve nese libro.

33.- Sempre foi un amoral e un intratábel no asunto mercantil.

34.- O antigo guaraní era moi vital e sempre andaba nu.

35.- Nunca vin home máis papón e lacazán.

36.- Sempre será un heroe ocasional o que resolva a situación de perigo.

37.- Estableceu un símil moi difícil de comprender.

38.- Non me convencerás con esa razón.

39.- Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun fardel, pero el dicía que lle daba cartos.
Corrección das 39

7.- Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número que lles corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias

 Por exemplo, entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco): entraron catro camións de leite fresco

  1. En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro).
  2. Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional).
  3. En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún, sinal, indescifrábel).
  4. Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil, azul, hotel).
  5. Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel, dor, ril, inxección).
  6. As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros ............. (dátil, saboroso, mel, couce, doloroso).
  7. As listas de ............. godos son ............. de memorizar para ............. e ............. para outros (rei, fácil, un, difícil).
  8. ............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da historia local (pillaxe, capitán, libro).
  9. Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos emigrantes (vez, cónsul, mal).
  10. ............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con ............. (algún, paxe, rei, real, traxe, branco)
  11. Boteille ............. á comida (pouco, sal).
  12. A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as ............. acesas (garda civil, garaxe, luz).
  13. Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal).
Corrección das 13

8.- Indicar os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos

  1. alto
  2. listo
  3. fácil
  4. mao
  5. fiel
  6. amábel
  7. agradábel
  8. pequeno
  9. tolo
  10. célebre
  1. rico
  2. baixo
  3. bo
  4. antigo
  5. cruel
  6. sabio
  7. quente
  8. difícil
  9. acre
  10. pobre
  1. feo
  2. libre
  3. grande
  4. vello
  5. seguro
  6. frío
  7. cheo
  8. nobre
  9. mísero
  10. pulcro
Corrección dos 30

9.- Indicar todas as formas de superlativo que se coñezan

Por exemplo, rico: riquísimo, moi rico, rico abondo, ben rico, superrico, requeterrico, ten cartos como millos, etc.

  1. bo
  2. parvo
  3. verde
  4. custoso
  5. mao
  6. fácil
  7. branco
  8. enfermo
  9. groso
  10. louco
  11. negro
  12. canso
Corrección

10.- Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido

  1. A Encina sempre tivo moitos ......... cartos ......... el.
  2. O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.
  3. O Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba.
  4. O Daniel é case ......... rico ......... o veciño.
  5. A Helena nunca estaba ......... atenta ......... min.
  6. A Carme ten ......... leiras ......... parece.
  7. Xamais conduciu ......... ben ......... elas.
  8. Agora é ......... forte .........o Ricardo.
  9. O descoñecido sempre será ......... mao ......... o coñecido.
  10. Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos.
  11. Están ......... abraiados ......... vós.
  12. As rendas son......... pequenas ......... esperabades.
  13. O Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros.
  14. A Irimia ten ......... forza ......... vostede.
  15. O Paulo é ......... trasfego ......... a Alba.
  16. Recollemos ......... fabas ......... contabamos.
  17. Penso que ten ......... poderes ......... ti.
  18. O Manuel está ......... alto ......... a Laura.
  19. O Brais atopou ......... moedas ......... se propuxo.
Corrección das 19
2005-2011