LETRAS DE CANCIÓNS GALEGAS
Carme Blanco
Claudio Rodríguez  Fer
Sopas de letras
Así falan en Trasar
HIMNO GALEGO
A CAROLINA
O ANDAR MIUDIÑO
POUSA, POUSA
O GATO
CATRO VELLOS MARIÑEIROS
VEN BAILAR CARMIÑA
AMORIÑOS COLLÍN
SE VAS Ó SAN BENITIÑO
O PARAUGAS DO XOSÉ
CANTIGA DA CAÑIZA
NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós)
OS DE MARÍN (polo mar abaixo)
EU DE MARÍN AUSENTEIME
PARA VIR A XUNTA MIN
EU NON SEI QUE TEN A MORENA
PORQUE SON DA MARIÑA
MORENIÑA POR MORENA
ÁRDELLE O EIXO
O QUER QUE LLE QUER
CAMARIÑAS
CARBALLEIRA DE SAN XUSTO
A RIANXEIRA
APAGA O CANDIL
CANTIGAS DE PONTEVEDRA
EÍ VEÑEN
CANTIGAS VARIAS
O SANCRISTÁN DE COIMBRA
LÉVAME, LÉVAME
VELAÍ VAI
TEÑO UN AMOR EN RIANXO/VENTO MAREIRO
ARROZ CON CHÍCHAROS
ALALÁ DAS MARIÑAS
NA BEIRA DO MAR
A VIRXE DA BARCA
RODABALLO
MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA
E PRA QUE NON DIGAS
TOLEACHES POLA PENEIRA
PANDEIRADA
EU NAMORAR EU NAMOREIME
UNHA NOITE NO MUÍÑO
SE TE CASAS EN OURENSE
ROMANCE DE DON GAIFEROS
A COSTUREIRA
AS PACHOCAS
O ESTRAPERLO
O VIRA VIRA
UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO

HIMNO GALEGO: E. Pondal (en YouTube)

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

-"Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono,
fogar de Breogán".

"Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os iñorantes,
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non".

"Os tempos son chegados
dos bardos das edades,
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán

A CAROLINA (en You Tube)

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

 A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
véstese pola cabeza
e díspese polos pés.

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime con quen bailache.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor. (tres veces)

 Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar. BIS

O ANDAR MIUDIÑO (En You Tube)

Éche un andar miudiño,
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño, BIS
o que eu traio.

 Que eu traio unha borracheira
de viño, que auga non bebo.
Mira, mira Maruxiña;
mira, mira, como eu veño.

Éche un andar miudiño...

POUSA, POUSA (en YouTube)

Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire:
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento. BIS

 E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa: BIS
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. BIS

 Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas: BIS
eso é verdá, eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego. BIS

 E pousa, pousa..

Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo; BIS
cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo. BIS

E pousa, pousa..

O GATO (Historia da cantiga) (en You Tube)

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato...

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato...

CATRO VELLOS MARIÑEIROS (en YouTube)

Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo ...

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiroBIS

Ailalelo ..

VEN BAILAR CARMIÑA (en YouTube)

Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.

 Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.

 Ven bailar Carmiña,...

Catro cousas hai no mundo
que revolven o sentido
amar e non se amado,
querer e non se querido.

 Ven bailar Carmiña,...

AMORIÑOS COLLÍN

Amoriños collín
na bieriña do mar,
amoriños collín
non os poido olvidar;
non os poido olvidar
non os poido olvidar,
amoriños collín
na beiriña do mar 

SE VAS Ó SAN BENITIÑO

Se vas ó San Benitiño BIS
non vaias ó de Paredes,
que hai outro máis milagreiro
BIS (que é moito máis milagreiro)
San Benitiño de Lérez. BIS

 San Benitiño do ollo redondo
hei de ir alá, miña nai, se non morro
e hei de levar unha bota de viño
e unha bola de pan para o camiño.

A que lle foron armare,
ó San Benito de Lérez,
a que lle foron armare
que tiña un bo viño mosto BIS
debaixo do seu altare.

San Benitiño...

As de Marín e Placeres.
As mociñas de Combarro
As de Marín e Placeres
van de troula pola ría
van de troula pola ría
ó San Benito de Lérez

San Benitiño...

 Polo río abaixo vai unha troita de pé,
corre que te corre, quen a puidera coller,
quen a puidera coller, quen a puidera pillar.
Polo río abaixo vai unha troita de pé.

Ó ve-las flores se alegra BIS
o paxariño do prado. BIS
Eu con ve-la túa cara BIS
boto fóra as miñas penas.

San Benitiño do ollo redondo...

Que cho teño ben gardado,
heicho de dar que cho teño,
que cho teño ben gardado,
nena cando foras miña,
o caraveliño encarnado.

 Polo río abaixo vai unha troita de pé... 

O PARAUGAS DO XOSÉ (en YouTube)

O paraugas do Ghosé
é un paraugas moi malo
si le caen cuatro gotas...
ya se le humedece el palo.
Y por eso una mulata,
por muy mojada que esté,
non se pondría debajo...
do paraugas do Ghosé

E o que é meu é meu e é meu
e o que é meu é meu e é teu
que non quero que andes dicindo,
que tumba que dálle,
que tal que sei eu

A RIANXEIRA (historia da cantiga ) (en YouTube)

Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te vaias rianxeira, (non te embarques rianxeira)
que te vas a marear.

 A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS

 Ondiñas veñen...

 A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, (cando veu para Rianxo)
a barquiña que a leva (a barquiña que a trouxo)
era de pau de laranxo.

 Ondiñas veñen...

A Virxe de Gauadalupe
quen a fixo moreniña BIS (quen te puxo moreniña)
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña BIS

 Ondiñas veñen...

APAGA O CANDIL (en YouTube)

Apagha o candil, Marica, chus, chus,
apagha o candil que ten moita lus,
que ten moita lus, moita claridá,
apagha o candil e chéghate alá.

 Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo,
a lara da túa nai meteume un pau por un ollo,
meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo.

 Apagha o candil...

 A túa nai é chiculate,
o teu pai chiculateiro,
a túa nai lambe as cazolas,
o teu pai lambe os pucheiros,
o teu pai lambe os pucheiros,
ailalelo, ailalalo

 Apagha o candil...

Andivécheste alabando que eu morría por ti
e que morro non é certo pero que che quero si

ailalelo, ailalalo

 Apagha o candil...

CANTIGAS DE PONTEVEDRA

Pontevedra de corales,
Lugo da coor do aceiro,
Pontevedra de corales,
Ourense de limoeiros,
A Coruña de cristales, BIS

Ai lalelo, ai lalalo.

Polo mar abaixo vai unha sartén,
vai fritindo peixes, han de saber ben.
Han de saber ben, han de saber ben,
polo mar abaixo vai unha sartén.

Dá de beber a quen pasa,
Pontevedra é boa vila,
dá de beber a quen pasa,
a fonte na Ferrería
San Bartolomeu na Praza,
San Bartolomeu na Praza,

Ai lalelo, ai lalalo.

 Polo mar abaixo vai unha sartén...

 Ten unha pipa no monte
San Antonio da Caiera,
ten unha pipa no monte.
As mulleres beben viño,
os homes auga da fonte, BIS

Ai lalelo, ai lalalo.

 Polo mar abaixo vai unha sartén...

E mulleres con mulleres,
ó bailar homes con homes
e mulleres con mulleres
é como a gaita sen foles
e o tambor sen cordeles.

Ai lalelo, ai lalalo.

Polo mar abaixo vai unha sartén...

EÍ VEÑEN

Aparta, loureiro verde, deixa clarexar a lúa BIS
se non vexo os meus amores, non vexo cousa ningunha. BIS

Ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van,
sardiñas fresquiñas de pola mañán,
de pola mañán, de pola mañán,
ei veñen, ei veñen, ei van.

Prende salgueiriño, prende, beira da fonte pequena BIS
tamén meus ollos prenderon no corazón dunha nena BIS

Ei veñen, ei veñen,...

Canta ti, cantarei eu, beira da fonte pequena BIS
Ante quen tivese amores, porque os meus vanse acabando. BIS

Ei veñen, ei veñen

CANTIGAS VARIAS

San Antón, San Antoniño,
o santo máis queridiño,
San Antón, San Antoniño,
dá me forza no carácter,
como ó porco no fuciño.

...

Que ben fixeron teus pais en facerche custureira
cando chove non te mollas BIS
cando fai sol non te queimas.

...

Teño unha morena alá en Viascón,
teño outra na Puebla e outra en Marcón
e outra en Marcón, e outra en Marcón,
teño unha morena alá en Viascón.

...

Nena que vénde-las peras, (2 veces)
cantas che mandaron dar,
para ti, meu queridiño (2 veces) BIS
non mas mandaron contar
ailara...

...

Dáme o que che pido nena
que non che pido diñeiro,
dáme a túa ovella negra
pra xuntare ó meu carneiro BIS
Ailelelo...

...

E ti telo, telo, non o queres dar,
pra despois de vella podelo salgar,
podelo salgar, podelo salgar,
e ti telo, telo, non o queres dar,
ailelelo...

...

Vivir na Coruña que bonito é,
andar de baranda e dormir de pé,
e dormir de pé, e dormir de pé,
vivir na Coruña que bonito é.

...

Se vas ó convento de Herbón
mira pró lado dereito
verás o San Benitiño
botando auga polo peito BIS
Ailalelo

E se unha perna teño aquí
e outra no teu tellado
mira se te quero nena
que estou escarranchado BIS
Ailalelo

O SANCRISTÁN DE COIMBRA (en You Tube)

O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras: BIS
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras BIS

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén BIS

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten muller. BIS
Está casado coa area,
Dálle bicos cantos quer. BIS

E bate fado........ BIS

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado BIS
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado. BIS

Tirei unha laranxiña
no medio de Portugal BIS
a quen lle foi a batere?
á filla dun xeneral BIS

Miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coimbra BIS
porque dicen os rapaces:
ai, que leiteira máis linda! BIS

E bate fado.... BIS

LÉVAME (en You Tube)

Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
nunha noite prateada,
noite dun craro luar.

Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
lévame, meu queridiño: BIS
(lévame, meu mariñeiro)
eu tamén quero bailar.
Quero bailar, quero bailar,
quero bailar, quero bailar.

Onde vas, meu queridiño?
Onde vas, meu caravel?
Vou buscar berberechiños
para darlle ó meu querer BIS
para darlle ó meu amor.
Onde vas, meu queridiño?
Onde vas meu corazón?

Lévame,lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
lévame, meu queridiño: BIS (lévame, meu mariñeiro)

eu tamén quero bailar.
Quero bailar, quero bailar,
quero bailar, quero bailar
en Vilagarcía

VELAÍ VAI

Velaí vai, velaí vai, a rapaza polo río,
sen comer e sen beber, toda cheíña de frío,
toda cheíña de frío, toda chea de dolor,
velaí vai, velaí vai, polo río xa pasou.

Ávista de tanta xente.
Chamáchesme moreniña, á vista de tanta xente
e agora vaime quedare moreniña para sempre.
Moreniña para sempre !ailalelo, ailalalo!

Viñeches ás nove e media.
Quedaches de vir ás nove, viñeches  ás nove e media,
ti non sabes que é pecado enganar a unha morena,
enganar unha morena, !ailalelo, ailalalo!

Eu teño un canciño bonito abofé
que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pé, erguidas as mans, (na punta do pé dá un pincho pra tras)
eu teño un canciño que baila ao serán (e baila a muiñeira do chascarraschás)

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, a

TEÑO UN AMOR EN RIANXO/VENTO MAREIRO

Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa,
lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores
pró meu amor rianxeiro ( 3 veces)
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.

Non lle temas, mariñeiro.....

Vai pola noite a escoitar.
Cando vaias a Rianxo vai pola note a escoitar
as estrelas e a lúa os biquiños que se dan; ( 3 veces)
cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitar.

Non lle temas, mariñeiro.....

Collín a dorna en Rianxo
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da terra de Castelao á de Cela e Rosalía,
á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía,
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.

Non lle temas, mariñeiro.... 

ARROZ CON CHÍCHAROS

O primeiro no amor sonche os bicos,
o segundo beliscos pequenos,
o terceiro ben achegadiños
e ó remate sonche os nenos BIS

Arroz con chícharos, patacas novas,
repolos de Betanzos e mais cebolas
e mais cebolas e mais cebolas,
arroz con chícharos, patacas novas

Se o teu mozo che pide aquel conto
e por el che fai un xuramento,
non llo deas, nena, non llo deas,
que o xurar lévacho o vento BIS

Arroz con chícharos, patacas novas...

CANTIGA DA CAÑIZA

Non te namores, meniña, meniña non te namores
non te namores, meniña, das palabriñas dos homes.

Tres días hai que non como senón bágoas con pan
así son os desenganos que os meus amores me dan.

Dille que suspiro e choro, dille que vivo morrendo,
dille que se compadeza do mal que estou padecendo.

ALALÁ DAS MARIÑAS (en YouTube)

Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros,
teño paz e teño amor e estou vivindo no ceo.

Ailalala, ailalala..

E adiós á miña casiña, portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña, sombra do meu laranxeiro

Ailalala, ailalala..

NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, por Dios non te vaias,
non te vaias afogar á praia,
como nos pasou a nós
e havos de pasar a vós.

Ai Sálvora, ai San Vicente, BIS
as nenas bonitas hainas en Ourense. (as nenas bonitas hainas en Mourente)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adiós Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría
para boas mozas, en Vilagarcía BIS

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

Ai Sálvora, vento norteiro.
Ai Salvora, meu compañeiro,
Ai Sálvora, vento ventiño
xa están as rapazas na punta de Aguiño BIS

 

NA BEIRA DO MAR

Ollos verdes son traidores, BIS
azules son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e vedadeiros. BIS

Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS

Hoxe vinte pasar a ría BIS
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ó pasar pola riberia BIS

Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS

Cinco sentidos che temos, BIS
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos
en canto nos namoramos

Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS

OS DE MARÍN (Polo mar abaixo)

Nosa Señora do Carme
que nos dea o vento en popa BIS
que somos os de Marín
e levamos a vela rota BIS

Polo mar abaixo
vai unha troita de pé
corre que te corre
quen a puidera coller BIS
quen a puidera pillar
Polo mar abaixo
vai unha troita de pé

A VIRXE DA BARCA

Veño da Virxe da Barca,
da Virxe da Barca veño,
veño de abala-la pedra, 
de abala-la pedra veño.

Díxenvos unha mentira, 
veño de abala-la pedra, 
veño de abala-la grande,
que a pequena abala ela,

Nosa señora da Barca 
ten o tellado de pedra,
ben a puidera ter de ouro,
miña Virxe se quixera.

Nosa señora da Barca 
ten un teito bo de pedra; 
di a campana na volta: 
¡cantas voltas vai dar ela!
A miña Virxe da Barca,
para o ano hei de volver 
que me quedou a mantilla 
no altar por recoller

PAXARIÑO

Con piñeiros de arredor,
teño unha casa no monte
con piñeiros de arredor,
unha fonte e un salgueiro,
miña nena,
onde canta o reiseñor.
Unha fonte e un salgueiro,
miña nena
onde canta o reiseñor.
Aquel paxariño
era bonitiño,
da beira do miño.
- ¿e como lle chaman?
- chamanlle pepiño.
- ¡que bonito nome
ten o paxariño!

Paxariños que alegres cantades
polas follas dos lureiros
e subides polos ameneiros
a busca-la raiola do sol.
Non sexas tan presumida.
se queres casa-la filla
non sexas tan presumida.
Non te deixes enganar
miña nena,
se queres ser prendida.
non te deixes enganar
miña nena,
se queres ser prendida

 

RODABALLO

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS

Mala chispa...

Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS

Mala chispa ...

Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa...

 

EU DE MARÍN AUSENTEIME

Eu de Marín ausenteime
moi lonxe me fun vivir,
pasei a vida chorando
e suspirando, Marín, por ti BIS

Eu non sei cantar,
eu non sei reír,
sen os airiños da ría,
non sei cantar, non ser reír;
sen os airiños da ría
non sei cantar, non sei reir. BIS

MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA

Miña nai, miña naiciña, (2 veces)
como a miña non hai ningunha,
que me quentou a cariña (2 veces)
co calorciño da súa.

Tamén eu choro, tamén eu choro
cando non me alumean, meu ben,
eses teus ollos.
Tamén eu choro, tamén eu choro,
cando non me alumean meu ben,
eses teus ollos.

Miña nai como é tan pobre
cando non ten que me dar
éncheme a cara de bicos
e despois rompe a chorar.

Tamén eu choro...

Miña nai, miña naiciña,
miña nai do corazón,
moitas nais hai polo mundo,
pero coma a miña non.

Tamén eu choro...

PARA VIR A XUNTA MIN

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña,
agora que estou casado, pagoume cunha galiña,
pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo!

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Túa nai e mais a miña quedan no río berrando
por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo.

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Eu queríame casare, miña nai non teño roupa
casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra.

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo,
ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño.

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

E PRA QUE NON DIGAS

E pra que non digas que tal e que cual
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.

Maruxiña, dáme un bico
que che hei de dar un pataco,
non quero bicos dos homes
que me cheiran a tabaco.

E pra que non digas...

Maruxiña do forneiro
se coceras faime un bolo,
se mo fas, faimo de millo,
que eu de trigo non cho como.

E pra que non digas...

Maruxiña, ti é-lo demo,
sempre me andas atentando,
foi do couce dunha pulga
que é un mal desesperado.

E pra que non digas...

EU NON SEI QUE TEN A MORENA

Eu non sei que ten a morena,
eu non sei que a morena ten,
eu non sei que ten a morena,
que xa todos lle queren ben.

Eu non sei que pasou no muíño,
eu non sei que debeu de pasar,
desde entón Maruxiña está triste,
desde entón non fai máis que chorar.

Eu non sei que ten a morena...

TOLEACHES POLA PENEIRA

Vente vindo BIS
que eu tamén me vou andando,
fixen a cama na folla,
o vento vaima levando BIS
ailalelo, ailalalo.

Toleaches pola peneira,
toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores,
toleaches por te casar.
(3 veces)

O paxaro cando chove BIS
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira BIS
ailalelo, ailalalo.

Toleaches pola peneira...

PORQUE SON DA MARIÑA

Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar, BIS
cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar,
que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo.

Porque son da Mariña son mariñán
e o fungueiro do carro lévoo na man,
levo na man morena, levo na man,
porque son da Mariña son mariñán.

Co aro dunha peneira miña nai deume unha tunda,
co aro dunha peneira miña nai teña vergonza,
que vén a xente da feira, que vén a xente da feira
ailalelo, ailalalo.

Porque son da Mariña son mariñán ...

PANDEIRADA (en You Tube)

A raíz do toxo verde, (2 veces)
é moi mala de arrincare,
os amoriños primeiros, (2 veces)
son moi malos de olvidare.

Ailará, ailaralá,
escomencemos a pandeirada
escomencencemos o baile xa!

Unha vella díxolle a outra (2 veces)
polo burato da porta:
ti goberna a túa vida (2 veces)
que a miña nada che importa.

Ailará, ailaralá...

A miña muller morreume (2 veces)
e enterreina no palleiro,
deixeille un brazo fóra (2 veces)
pra que tocara o pandeiro

Ailará, ailaralá...

Miña nai e maila túa (2 veces)
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña (2 veces)
que ten amores cun galo.

Ailará, ailaralá...

MORENIÑA POR MORENA

Moreniña por morena BIS
téñoche o ollo botado,
has de ser miña mullere
ou non hei de ser casado BIS
Ailalelo, ai...

Eu teño un canciño bonito abofé
que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pé dá n pincho pra tras
e baila a muiñeira do chascarraschás

Miña sogra cando roña BIS
ponse no medio da casa
ela di que voume, voume
e de marchar nunca se acaba, BIS
ailalelo, ai...

Eu teño un canciño bonito...

Ten coidado Maruxiña, BIS
cando te vaias pra a cama,
non che vaia vi-lo trasno
e che faga unha trasnada, BIS
ailalelo, ai...

Eu teño un canciño bonito...

Nós aquí e vós de aí, BIS
somos tantos coma vós,
nós comemos o carneiro
e os cornos son para vós. BIS

Eu teño un canciño bonito

EU NAMORAR EU NAMOREIME

Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
enguedelleime na beira do mar.

Eu namoreime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenamorar.

Eu namorar...

Enguedelleime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenguedellar.

Eu namorar...

ÁRDELLE O EIXO

Non me toques no refaixo BIS
e se me queres tocare
méteme a man por debaixo BIS
ailalelo, ailalalo

Árdelle o eixo, árdelle o carro,
árdelle o eixo, hai que mollalo,
hai que mollalo, hai que mollalo
árdelle o eixo, árdelle o carro.

Como te colla no prado
como te collín máis veces
heiche de meter no corpo
herba para nove meses,
ailalelo, ailalalo

Árdelle o eixo, árdelle o carro ...

 

UNHA NOITE NO MUÍÑO

Unha noite no muíño, unha noite non é nada
unha semaniña enteira, esa si que é muiñada

Deus cho pague churrusqueira
téñocho que agradecer
cando vou ao teu muíño
sempre me deixas moer BIS
Deus cho pague churrusqueira

Túa nai por me casar, teu pai por me dar o dote
armaron unha porfía, rompéronlle os pés ó pote

O QUER QUE LLE QUER (en You Tube)

E quer que lle quer (3 veces)
que lle fagan a cama,
e quer que lle quer (3 veces)
que lla fagan ben baixa.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
e quer que lle quer que lle fagan a cama
e quer que lle quer se deiten con ela tamén.

E quer que lle quer (3 veces)
que lle ricen o pelo,
e quer que lle quer (3 veces)
que lle metan relleno.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
e quer que lle quer que lle ricen o pelo
e quer que lle quer que lle laven as pernas tamén.

SE TE CASAS EN OURENSE

Se te casas en Ourense pídelle a proba primeiro BIS
da cacheiriña do porco e o bon viño do Ribeiro BIS

Se vas ó Ribeiro, ó Ribeiro de Avia,
se vas ó Ribeiro, vai por Ribadavia,
vai por Ribadavia, ven por Ventosela,
que hai unha neniña que dá xenio vela,
que dá xenio vela, dá noxo mirala,
se vas ó Ribeiro vai por Ribadavia.

Se me queres por amigo, dáme viño do Ribeiro,
pantrigo de Ribadavia, nenas do Chan de Amoeiro.

Se vas ó Ribeiro, ó Ribeiro de Avia, ...

CAMARIÑAS (en You Tube)

Ó pasar por Camariñas, por Camariñas pasei cantando.
As nenas de Camariñas quedan no río, quedan no río lavando.

Camariñas, Camariñas, ai que xa me vas camariñando.
Por unha de Camariñas vivo no mundo, vivo penando.

Miña Virxiña do Monte, que ós mariñeiros sempre vixilas!
Non permitades que morra lonxe da terra, da terra miña!

CARBALLEIRA DE SAN XUSTO

Carballeira de San Xusto, Carballeira de ramada (enramada)
naquela carballeiriña, perdín a miña navalla BIS
ailalelo, ailalalo

Perdín a miña navalla, máis valera non perdela,
fíxenme de alí veciño e casei con Rafaela
ailalelo, ailalalo

Carballeira de Tenorio, heina de mandar cortare
cando vou pra Pontevedra, non deixa ve-lo mare
ailalelo, ailalalo

ROMANCE DE DON GAIFEROS (en You Tube)

I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela, non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.

-I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.
-Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles, brilante como un altar.
-Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.
-I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela, foron á Catedral,
Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar,
porque morrerei contento nesta santa Catedral.

E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar.
O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar
E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai

A COSTUREIRA (You Tube)

Costureiriña bonita,
onde tes os teus vestidos?
Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para poñer os domingos.

Costureiriña bonita,
dime onde tes a cama.
No poleiro das galiñas,
ai si, ai non,
nunha presiña de pallas.

Costureiriña bonita,
dime onde tes o niño.
Nun carballo da Illana,
ai si, ai non,
no máis alto ramalliño.

Costureiriña bonita,
onde gardas os melindres?
Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para comer os domingos.

O amor da costureiriña
era papel e mollouse
e agora, costureiriña,
ai si, ai non,
o teu amor acabouse.

(Cantada por Fuxan os Ventos)

AS PACHOCAS (You Tube)

Que ben cantan, que ben bailan
aquelas catro pachocas!
Que ben cantan, que ben bailan!
Que ben menean as zocas!

Aqueles que andan no baile
ambos me parecen ben,
ela parece unha rosa
e el parece un caravel .

Eu pedinllo a unha nena
no porteliño do prado.
Respondeume a picarona
que estaba o campo mollado.

Aquel paxaro non canta
seica non ten alegría,
non se fai cousa de noite
que non se saiba de día.

Vamos ruando, meniña,
e vamos ruando a eito,
xa que levamos a sona,
levaremos o proveito.

Séntate aquí, miña prima,
ti nunha pedra e eu noutra,
axudarasme a cantar,
a miña fortuna pouca.

(Cantada por Fuxan os Ventos)

UNHA VELLA NO TEMPO DOS MOUROS

Unha vella no tempo dos mouros
fixo do cu unha praza de touros
e fixo ben, e fixo ben
no cu da vella non manda ninguén.  
ou
Unha vella no tempo dos mouros
fixo da cona una praza de touros
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.
Variantes:
Unha vella por falta dun macho
meteu pola cona un mango dun sacho
e fixo ben, e fixo ben
 na cona da vella non manda ninguén
.
Unha vella no tempo dos celtas
fixo das tetas dúas metralletas
e fixo ben, e fixo ben
nas tetas da vella non manda ninguén
.
Unha vella nos tempos de antes
fixo da cona un par de tirantes
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.
Unha vella nos tempos de agora
meteu polo cu unha rebarbadora
e fixo ben, e fixo ben
no cu da vella non manda ninguén
.
Unha vella nos tempos de agora
fixo da cona unha lavadora
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.

 

UNHA VELLA DE

Unha vella de Nighrán
díxolle a unha de Perillo:
fagho eu máis cartos ca cona
que o Ferreiro co martillo

 E funga, e funga, e funga
e fúngalle o carallo
e fúngalle o carallo
e o carallo funga e funga

Unha vella de Perillo
díxolle a unha de Nighrán:
teño eu máis callos na cona
que o Ferreiro ten nas mans

 E funga…..

(Cortesía de José Manuel A.)

O ESTRAPERLO

Que levas en esa saia
que tanto valor lle dás?
Levo garavanzos e fabas
para ir estraperlar.

Con isto do estraperlo,
con isto de estraperlar ;
con isto do estraperlo,
nin Deus quere traballar.

Que levas nesas alforxas,
que tanto valor lle dás?
Levo café e azúcar
da raia de Portugal.

(Cantada por Fuxan os Ventos)

 

O VIRA VIRA

Veño da terra do ouro,
veño da terra dourada,
veño da terra dos homes
pero non veño casada.

Adiós, rapaciña, adiós;
eu para ti xa non era,
anque máis altos navíos
navegan con menos vela.

E vira, e vira
se non viro eu;
teu pai é meu sogro,
teu amor son eu.

Eu caseime por un ano
por saber que vida era;
agora o ano acabouse,
solteiriña quen me dera!

Dices que te vas, te vas,
xa te puideches ter ido;
se te foras hai un ano,
xa me tiñas esquecido.

(Cantada por Fuxan os Ventos)