SUXESTIÓNS  

Eduardo Blanco Amor
Músicas do mundo
Test cultural
-Suxestións para traballos en grupo
-Temas par redaccións fantáticas
-Temas para falar ou escribir
Suxestións para traballos en grupo

1.- Facer un estudo da normalización da lingua nos seguintes campos:

  • Nas administracións.
  • No ensino.
  • No campo fronte á cidade.
  • Nos espectáculos.
  • Nas xeracións máis novas.
  • Nos medios de comunicación
  • Na internet.
  • Nas redes siciais

2.- Facer unha enquisa na zona sobre o uso da lingua e a actitude dos falantes.

3.- Gravar nun vídeo a un ou varios falantes escollidos previamente segundo a idade, profesión, residencia, etc. Logo, transcribir ao galego estándar e comentar as características máis importantes da lingua usada.

4.- Sobre un xornal ou libro portugués, comparar a ortografía, morfosintaxe e léxico co galego estándar.

5.- Comparar a lingua de tres textos en prosa e tres poemas de tres épocas diferentes (medieval, XIX e XXI)

6.- Verter ao galego as letras dos temas de moda da música en inglés utilizando o tradutor Opentrad

7.- Facer sopas de letras, xeroglíficos, encrucillados, etc. e intercambialos cos compañeiros.

8.- Construír un xornal encargándose cada grupo dunha sección de noticias.

9.- Construír un telexornal encargándose cada grupo dunha sección de noticias.

10.- Preparar un programa de radio e escoitalo na clase.

11.- Facer unha pequena peza de marionetas e logo representala.

12.- Facer unha pequena peza de teatro e logo representala.

13.- Estudo das revistas en galego no século XX-XXI.

14.- Seguimento na prensa diaria durante unha determinada época de:

  • A política galega.
  • A política local.
  • Crítica e información literaria.
  • Deporte local.
  • Uso do galego.

15.- Estudo de determinadas épocas da historia de Galiza.

16.- A flora do contorno.

17.- A fauna do contorno: aves e insectos.

18.- A fauna do contorno: outros.

19.- A agricultura do contorno.

20.- A industria do contorno.

21.- A contaminación da zona.

22.- Xogos e diversións da xente nova no contorno.

23.- Grupos e cantantes galegos da actualidade.

24.- Estudo xeográfico da zona.

25.- O galego nas series de TV.

25.- Tradución da lingua dunha serie como os Simpson.

Temas para redaccións fantásticas

1.- Dispoñémonos a abrir unha lata de sardiñas, cando escoitamos unha voz metálica que nos di: alto, agarda polo menos a que che conte a miña historia antes de me destruíres.

2.- O zapato do pé dereito e o do esquerdo discuten a ver a cal dos dous lle corresponde dar o primeiro paso ao saíren da casa esta mañá.

3.- Despois dunha viaxe turística por Galiza, Almanzor relátalles as súas impresións e aventuras a uns amigos nunha taberna andaluza.

4.- No ano 1001 a. C. un barbudo e vello galego conta a historia da súa vida aos seus netos.

5.- Descrición de Galiza no ano 3001 d. C.

6.- Unha moza, estudante de 1º de bacharelato en Xúpiter, vén pasar un mes á nosa casa para mellorar o galego que alí estudou. De volta en Xúpiter, cóntalles aos amigos a súa impresión sobre o noso mundo.

7.- Convidados por unha moza de Xúpiter, botamos un mes na súa casa a fin de mellorar o idioma que alí falan. De volta a Galiza, contámoslles aos nosos amigos como viven alí.

8.- Provistos dun binóculo que traspasa as paredes vemos as diferentes escenas que se producen no noso edificio neste momento.

9.- A TVG-2 encárganos o guión para unha película sobre o lobishome.

10.- O inspector Pepe Pérez relata para o xornal Galaico Vespertino o caso do home que apareceu asasinado e cunha orella cortada na praia da Lanzada.

11.- Roque Ruíz, cantante e figura do grupo O furacán destructor relata a súa historia, desde as actuacións gratis nas festas de Vilavella ata os concertos en París e Chicago.

12.- Nunha reunión entre as grandes potencias mundiais perante a situación límite de tensión terrorista, deciden darme plenos poderes para arranxar a situación. Que faría eu?

13.- Vou camiñando pola rúa e, provisto dunhas lentes especiais, podo ler os pensamentos da xente coa que me cruzo.

14.- Nunha parede hai un cartel con publicidade política que di... Describe o cartel, a mensaxe e o que pensa a xente que se para a lelo.

15.- Encontrámonos coa Santa Compaña. As ánimas son personaxes famosos que van contando as causas polas que teñen que penar.

16.- Unha alma chega ás portas do ceo e tenta convencer a San Pedro de que a deixe pasar.

17.- Un anaco de queixo razoa co rato para que non o coma.

18.- Inventa un conto ao estilo do conto popular no que entren como personaxes un can e un gato.

19.- Inventa unha lenda protagonizada por unha serpe, unha princesa e un cabaleiro.

20.- Ser un non ser, velaí a cuestión... Continúa o monólogo de Hamlet.

21.- Así escalamos o Everest.

22.- De como cheguei a ser campión olímpico.

23.- A historia dun billete de 100 euros.

24.- Solicitude ao emperador chinés para poder tomar parte nas oposición de mandarín.

25.- Carta a un amigo que está na cadea nun pequeno e afastado país.

26.-Carta na que se rompen as relacións amorosas co/a namorado/a.

27.- Descrición técnica e detallada dos novos inventos da profesora Hermengarda: un novo teorema, o motor que funciona con..., etc.

28.- Documento no que un xuíz declara inocente a un reo.

29.- Descrición dunha paisaxe típica da Siberia.

30.- Fragmento das memorias de Breogán achado na biblioteca do mosteiro de Carboeiro.

31.- Escrito que contén o balance económico dunha empresa a fin de ano.

32.- Compón tres letras para tres cantigas dos tres estilos máis representativos da música do momento.

33.- Prodúcese unha guerra nuclear. Cales serían os efectos?

34.- Esta sería a miña Galiza ideal.

35.- Prodúcese a Guerra das Galaxias.

36.- Un mago describe todos os números do seu espectáculo.

37.- As aventuras dun/unha alumno/a do curso x.

38.- Preparación e execución do roubo do século: a campá Berenguela da catedral de Santiago.

39.- Ao caer un anaco da muralla de Lugo aparece a entrada a un corredor secreto, o seguilo obrigará a cambiar moitas pasaxes da nosa historia vixente.

40.- Guión para un serial da TVG-2: crimes, divorcios, fillos secretos...

41.- De como fuxín da cadea de Monterroso: planos, execución...

42.- Diálogo entre unha hamburguesa e un prato de lacón con grelos; cada un canta as súas excelencias.

43.- Manual para se facer rico en menos dun ano usando internet.

44.- Manual para namorar moito e ben.

45.- Os misterios do castelo de Monforte de Lemos.

46.- As receitas de cociña do doutor Caldeirada.

47.- O mundo visto por unha vaca.

48.- Na illa de Sálvora aparece unha gruta. Que hai, quen a fixo?

Temas para falar ou escribir

1.- Diálogo entre un camareiro e un cliente habitual.

2.- Discusión matrimonial por un feito concreto.

3.- Entrevistas ficticias a personaxes famosas.

4.- Diálogo entre dous/dúas amigos/as que se atopan na rúa despois dun tempo sen se veren.

5.- Discusión entre dous seareiros de dous equipos de fútbol diferentes.

6.- Dous coches acaban de chocar, baixan os condutores e comezan a falar, ao tempo que se achegan varios curiosos.

7.- Diálogo entre pais e fillo/a no momento de entregar o boletín coas cualificacións.

8.- Representación dun Consello da Xunta, unha sesión do Concello...

9.- Un grupo de vellos/as sentados nun banco do parque lembra a súa infancia.

10.- Un remuíño intergaláctico tira por nós e aparecemos nun novo planeta. Alí nada saben da vida na Terra, pero teñen un tradutor automático de linguas. Temos que explicarlles moitas cousas:

  • a casa
  • a televisión
  • a internet
  • os coches
  • a alimentación
  • as cidades
  • o ensino
  • os deportes

11.- Alguén comeza un conto inventado por el, nun momento determinado corta a narración no mellor para que continúe outro, que tamén vai interromper o relato...

12.- Cadaquén explica cal é a súa diversión preferida e en que consiste.

13.- Todas as tarefas dun día normal.

14.- Descrición do centro dunha grande cidade á hora en que máis xente hai pola rúa.

15.- Descrición das persoas, obxectos... que podemos atopar nun aeroporto.

16.- Descrición da cidade, vila ou lugar no que vivimos.

17.- Costumes máis correntes e típicos na nosa sociedade. Vantaxes e inconvenientes.

18.- Para que estudar? Para que vale hoxe?

19.- Medidas necesarias para reformar o ensino.

20.- Os problemas máis comúns dun/dunha mozo/a hoxe.

21.- As relacións de parella hoxe na xente nova.

22.- Os problemas de relación cos pais. Comprensión e incomprensión.

23.- Os progresos da medicina. Pasado e futuro.

24.- A eutanasia.

25.- A televisión actual: o bo e o malo.

26.- Os incendios e outros factores de destrución da natureza.

27.- Nacionalismo, federalismo, autonomía, europeísmo.

28.- Globalización, dependencia das multinacionais.

29.- As marabillas do teléfono móbil.

30.- A guerra. Hai xustificacións para ela?

31.- Os dereitos humanos no mundo actual.

32.- A inmigración hoxe.

33.- A xustiza social no século XXI.

34.- A opinión pública: o seu poder e como dominala.

35.- A homosexualidade.

36.- Os extraterrestres e as súas aparicións.

37.- As drogas na mocidade: duras, brandas, de deseño.

38.- A visión da vida nas diferentes relixións.
39.- Problemas e vantaxes de usar as redes sociais.
40.- Como moverse seguros pola rede de redes.

41: Comentario libre desta foto con cds colgados de varas:

2005-2011