Del Riego
Fraseoloxía galega
Exercicios de estilo en galego

Como utilizar un tradutor ou corrector?

1.Temos un texto en español, en inglés? Podemos traducilo na rede e logo sempre repasaremos e melloraremos a tradución.

Tradutores en liña gratuítos para o galego:

-Tradutor Open trad Apertium, uvigo (de/a español, portugués). Traduce o texto pegado ou documentos (gardalos en formato RTF ou html). Tamén webs

-Tradutor Opentrad: (de/a español, inglés, portugués). Traduce o texto pegado ou documentos (gardalos en formato RTF ou html). Tamén webs

-Instituto Cervantes (de/a español). Non traduce documentos

-Tradutor da Xunta de Galicia (de/a español e inglés. Prototipo: de/a catalán, francés). Texto e webs.

-Traducíndote (de/a español, inglés). Mellora do Opentrad. Documentos e texto

-Tradutor Google: (moitos idiomas, mais peor calidade)

2. Estamos a escribir un texto en galego? Para evitarmos erros debemos utilizar un corrector ortográfico que nos marcará as palabras que non existan en galego (mais non as sinalará se están mal utilizadas)

-Se estamos utilizando un procesador de textos de Microsoft Office ou Open Office: seleccionar todo, na barra inferior facer clic no idioma e escoller galego.

-Corrector ortográfico de galego en liña: OrtoGal

3. Información de todas as ferramentas informáticas na páxina da Xunta de Galicia

4. Exemplos prácticos de tradución do español ao galego:

2005-2011