****A frase (sintagma): núcleo e adxacentes (determinante, modificador)
-fn frase nominal: núcleo un substantivo ou pronome
-fv frase verbal: núcleo un verbo
-fadx frase adxectiva: núcleo un adxectivo
-fadv frase adverbial: núcleo un adverbio
-fprep frase preposicional: o 1º elemento é o relator –enlace- (preposición) seguido do termo (outra frase)

***Consellos para analizar os elementos dunha cláusula (proposición/oración): suxeito, núcleo do predicado, complemento directo, suplemento, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, axente da pasiva, pronome de solidariedade, pronome de interese.

1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estárá oculto (elidido) e hai verbos impersoais . O sol sae por alí. Chove moito

2.- Predicado

2.1.- Procuramos o verbo (núcleo do predicado)

2.2.- Se é un verbo copulativo (ser, estar, parecer, semellar), procuramos o atributo: Helena está cansa

2.3.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)

2.3.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo: onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal.

2.3.2.- Se observamos que o verbo esixe (nese significado) un sintagma preposicional teremos un suplemento: o can bebía no leite

2.3.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais.

2.3.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de modo): María quedou parada alí.

2.4.- Procuramos o complemento circunstacial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo, lugar, modo, cantidade...

2.5.- Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días

2.6.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o axente de pasiva (encabezado pola preposición por): Antón foi educado polos avós

2.7.- Valores de SE (me,te,se,nos,vos,se). Resume.
- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O can lámbese.Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Irea e Sara mándanse SMS.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.

 

 

ANÁLISE DAS RELACIÓNS ENTRE AS CLÁUSULAS

0.- Modalidades: aseverativas, interrogativas, imperativas, desiderativas, exclamativas.

1.- Xustapostas: non hai nexo (pausa, coma)

2.- Coordinadas

  1. copulativas (e, mais, nin)
  2. adversativas (mais, pero, porén...)
  3. disxuntivas (ou, ben...)
  4. distributivas (ben... ben, xa... xa, ...)
  5. explicativas (é dicir, ou sexa...)

3.- Subordinadas

  1. substantivas (función de CD, CI, SUX, SUP, PRED, AT) (que, se)
  2. adxectivas (nexo relativo: que, cal...)
  3. adverbiais

3.1.- Función de CC:

3.2.- Función non CC: