ACENTO ORTOGRÁFICO

1.- AGUDAS (oxítonas). Ex. : chofer, chinés

- Acentúanse as polisílabas rematadas en -vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún, peóns.

- Mais non levan acento ortográfico:

a) Monosílabos: leis, el, ti.

b) As rematadas en ditongo decrecente (+ n, s): papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis.

c) As rematadas noutra consoante que non sexa -n ou -s: cantar, nariz, arroz.

2.- GRAVES (Paroxítonas). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe

Levan acento ortográfico cando rematan en consoante diferente de n, s , ou en grupos consonánticos distintos de -ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis).

Polo tanto: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens.

3.- ESDRÚXULAS (Proparoxítonas).

Todas levan acento ortográfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.

4.- i, u en hiato.

Independentemente das regras anteriores, levan acento ortográfico as vogais i, u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo: aínda, baúl, caída, Coímbra, egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo... (i, u non se acentúan cando entre elas e a átona aparece un h: prohibes)

5.- Estranxeirismos e latinismos: seguen as normas anteriores.

6.- OBSERVACIÓNS.

6.1.- As maiúsculas levan acento ortográfico.

6.2.- Non levan acento ortográfico os adverbios acabados en -mente, os demostrativos, o numeral un.

6.3.- Tampouco o levan os interrogativos e exclamativos: Como lle vai? Onde estás? Preguntoulle cal quería. Só se acentúan para evitar posibles anfiboloxías: dille que queres // dille qué queres.

6.4.- O pronome posposto ao verbo conta como unha sílaba máis, pero mantense o acento diacrítico: cóntallo, éme igual, dálle.

6.- Acentos DIACRÍTICOS.

á a +a, substantivo a artigo, pronome, preposición
ás a +as, substantivo as artigo , pronome
bóla esfera bola peza de pan
ca + a ca conxunción
cás ca + as cas presposición
chá plana cha che + a
chás planas chas che + as
ca + o co con + o
cós ca + os, substantivo cos con + os
cómpre é mester compre merque
cómpren son mester compren merquen
verbo dar da de + a
dás verbo dar das de + as
compaixón do de + o
é verbo ser e conxunción
fóra adverbio fora verbos ser e ir
ruín ma me + a
más ruíns mas me + as
máis adverbio mais conxunción
substantivo no en + o
nós pronome tónico, substantivo nos pronome átono, en +os
ó ao o artigo, pronome
ós aos os artigo, pronome
óso do corpo oso animal
parte do corpo pe letra
póla rama pola galiña, por + a
pór poñer por preposición
présa apuro presa prendida, presada
verbo ser, sede eclesiástica se conxunción, pronome
adxectivo e adverbio so preposición
infusión te letra, pronome
vén presente de vir ven presente de ver, imperativo de vir
vés presente de vir ves presente de ver
vós pronome tónico vos pronome átono