riveiro coello
Desvíos
Ortografía

Moito debe chover en Galicia para que o galego teña máis de 70 palabras para chuvia, 30 para chover e ditos, refráns, etc

1. Como chove miudiño, como miudiño choveRosalía de Castro
Estes versos son dos máis recitados en galego. E para a chuvia miúda e fina temos nada menos ca estas palabras:

1.    babuña

2.    babuxa

3.    barbaña

4.    barbuña

5.    barbuza

6.    barrallo

7.    barrufa

8.    barrufo

9.    barruñeira

10. barruzada

11. barruzo

12. bátega

13. borralla

14. borrallada

15. breca

16. chuviñada

17. chuviñeira

18. chuvisca

19. chuviscada

20. froallo

21. lapiñeira

22. marmaña

23. mera

24. morriña

25. morriñada

26. orballada

27. orballeira

28. orballiscada

29. orballo

30. patiñeira

31. patumeira

32. poalla

33. poallada

34. poallo

35. poalleira

36. salseiro

37. zarapallada

38. zarzallo

 

2. Mexan por nós e temos que dicir que choveCastelao
Para indicar unha chuvia forte temos:

1.    arroiada

2.    ballón

3.    balloada

4.    basto

5.    bátega

6.    bategada

7.    brea

8.    calistro

9.    cebra

10. cebrina

11. cebrisca

12. chaparrada

13. chaparrazo

14. chuvascada

15. chuvasco

16. chuvieira

17. chuviñeira

18. cifra

19. ciobra

20. coriscada

21. corisco

22. decembra

23. diluvio

24. dioiva

25. dioivo

26. torba

27. torbada

28. torboada

29. torbón

30. treboada

31. trebón

32. xistra

33. zarracina

3. Chove en Santiago, meu doce amorFederico García Lorca
Para a chuvia con moito aire temos :

1.    brea

2.    cebrina

3.    cebrisca

4.    chuvascada

5.    chuvasco

6.    cifra

7.    ciobra

8.    coriscada

9.    corisco

10. zarracina

 

 

4. Aran os bois e chove... Xosé María Díaz Castro
Para a chuvia mesturada coa néboa:

1.    Barruzo

2.    breca

3.    mera

4.    salseiro

5. Que chove despois de chover, don Gregorio... Manuel Rivas
Cando a chuvia vén mesturada con neve:

1.    calistro

2.    cebrina

3.    cebrisca

4.    coriscada

5.    corisco

6.    torba

7.    xistra

     

     

6. ...aferrará connosco unha vela de chuvascos ... Manuel Antonio
Chove para que eu soñe... Uxío Novoneyra
E velaquí todos os substantivos que o galego ten para a chuvia:

1.    arroiada: choiva forte e intensa

2.    babuña: chuvia miúda e pouco intensa,

3.    babuxa: chuvia miúda e pouco intensa,

4.    ballón: tromba de auga forte e intensa

5.    balloada: chuvia intensa que se prolonga varios días seguidos, : chuvia repentina, intensa e curta

6.    barbaña: chuvia miúda e pouco intensa

7.    barbuña: chuvia miúda e pouco intensa

8.    barbuza: chuvia miúda e pouco intensa

9.    barrallo: chuvia miúda e pouco intensa

10. barrufa: chuvia miúda e pouco intensa

11. barrufo: chuvia miúda e pouco intensa

12. barruñeira: chuvia miúda e pouco intensa

13. barruzada: chuvia fina e persistente

14. barruzo: chuvia miúda e pouco intensa, mesturada con néboa

15. basto: chuvia repentina, intensa e curta

16. bátega: chuvia repentina, intensa e curta

17. bategada: tromba de auga forte e intensa, : chuvia repentina, intensa e curta

18. borralla: chuvia miúda e pouco intensa

19. borrallada: chuvia miúda e pouco intensa

20. brea: chuvia forte e con vento

21. breca: chuvia miúda e pouco intensa, mesturada con néboa

22. calistro: trebón de auga fría con vento ou neve miúda

23. cebra: chuvia repentina, intensa e curta  .. acompañada de vento

24. cebrina: temporal de chuvia e neve con vento forte

25. cebrisca: temporal de chuvia e neve con vento forte. Sarabiada forte

26. chaparrada: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta

27. chaparrazo: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta

28. choiva: precipitación en forma de pingas, chuvia

29. chuiva: variante dialectal de chuvia

30. chuva: variante dialectal de chuvia

31. chuvascada: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte

32. chuvasco: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte

33. chuvia: precipitación en forma de pingas, choiva

34. chuvieira: chuvia forte e intensa, tromba de auga forte e intensa

35. chuviñada: chuvia miúda e pouco intensa

36. chuviñeira:  chuvia repentina, intensa e curta

37. chuvisca: chuvia miúda e pouco intensa

38. chuviscada: chuvia miúda e pouco intensa

39. cifra: chuvia forte e con vento

40. ciobra: chuvia forte e con vento

41. coriscada: trebón de auga fría con vento ou neve miúda

42. corisco: trebón de auga fría con vento ou neve miúda

43. decembra: chuvia forte e prolongada habitual en decembro

44. diluvio: chuvia moi  abundante e intensa

45. dioiva: chuvia moi  abundante e intensa

46. dioivo: chuvia moi  abundante e intensa

47. escarabana: auga moi fría con sarabia

48. froallo: chuvia miúda e pouco intensa

49. lapiñeira: chuvia miúda e pouco intensa

50. marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo

51. marmaña: chuvia miúda e pouco intensa

52. mera: chuvia moi fina que se desprende da néboa mesta

53. morriña: chuvia miúda e persistente

54. morriñada: chuvia miúda e persistente

55. orballada: chuvia miúda e de pouca duración

56. orballeira: chuvia miúda e de pouca duración

57. orballiscada: orballo moi fino, que case non chove nada

58. orballo: chuvia fina e persistente,

59. patiñeira: chuvia fina e persistente

60. patumeira: chuvia fina e persistente

61. poalla: chuvia miúda e pouco intensa,

62. poallada: chuvia miúda e pouco intensa

63. poallo: chuvia miúda e pouco intensa

64. poalleira: chuvia miúda e pouco intensa

65. salseiro: pingas de auga que producen unha néboa mesta provocada polo vento na superficie do mar

66. torba: auga de chuvia mesturada con neve fina

67. torbada: tromba de auga forte e intensa, tormenta

68. torboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta

69. torbón: tromba de auga forte e intensa, tormenta

70. treboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta

71. trebón: tromba de auga forte e intensa, tormenta

72. xistra: chuvia e neve con vento moi frío

73. zarapallada: chuvia miúda e pouco intensa

74. zarracina: chuvia abundante con moito vento

75. zarzallo: chuvia miúda e pouco intensa

7. O paxaro cando chove mete o rabo na silveira... Popular
E os verbos utilizados para indicar como chove:

1.    arroiar: chover forte e intenso

2.    baballar: caer chuvia miúda, fina

3.    babuñar: caer chuvia miúda, fina

4.    babuxar: caer chuvia miúda, fina

5.    barbañar: caer chuvia miúda, fina

6.    barbuñar: caer chuvia miúda, fina

7.    barbuzar: caer chuvia miúda, fina

8.    barrallar: caer chuvia miúda, fina

9.    barrufar: caer chuvia miúda, fina

10. barruñar: caer chuvia miúda, fina e persistente

11. barruzar: caer chuvia miúda, fina

12. bategar: chover de xeito repentino e intenso por pouco tempo

13. brecar: caer chuvia miúda, fina

14. cebriscar: caer neve miúda con moito vento

15. Chorrear: chover forte e intenso

16. Chover: caer auga das nubes en forma de pingas

17. Chuviñar: caer chuvia miúda, fina

18. Chuviscar: caer chuvia miúda, fina

19. Cifrar: soar o vento e chover forte

20. Coriscar: chover con frío ou caer neve miúda

21. Decembrar: chover forte e seguido, típico de decembro

22. Diluviar: chover moito e seguido

23. Froallar: caer chuvia miúda, fina

24. Lapiñar: caer chuvia miúda, fina

25. Marcear: facer un tempo de marzo con claros e chuvias

26. Marmañar: caer chuvia miúda, fina

27. Merar: desprenderse unha chuvia moi fina da néboa mesta

28. Orballar: caer chuvia miúda, fina

29. Orballiscar: orballar moi suave

30. Patiñar: caer chuvia miúda, fina

31. Poallar: caer chuvia miúda, fina

32. Xistrar: caer auga moi fría con neve

33. zarzallar: caer chuvia miúda, fina

8. Cando chove non te mollas, cando fai sol non te queimas... Popular
E os adxectivos que teñen que ver coa forma de chover:

1.    babuxado: terreo humedecido pola chuvia fina

2.    babuxento: tempo húmido no que chove moito

3.    barrucento: tempo húmido no que chove moito

4.    barralloso: dise do tempo en que cae chuvia miúda

5.    barrucento: tempo húmido no que chove moito

6.    chuviñento: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia

7.    chuviñoso: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia

8.    chuvioso: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia

9.    corisqueiro: dise do tempo no que chove con frío ou cae neve miúda

10. corisquento: dise do tempo no que chove con frío ou cae neve miúda

11. froalleiro: dise do tempo non que cae chuvia miúda seguido

12. froallento: dise do tempo non que cae chuvia miúda seguido

13. morriñenta: dise da chuvia miúda e persistente

14. orballento: dese do tempo no que cae unha chuvia fina e persistente

15. orballisqueiro: dise do tempo no que orballa frecuentemente

16. poallento: dise do tempo no que cae chuvia fina e miúda

9. Cando chove moito entra alguén e di: non sei se choverá/parece que chove/igual chove/vai chover...
E as frases feitas para indicar que chove moito:

1.    chover a arroiar

2.    chover a ballón

3.    chover a cachón

4.    chover a caldeiradas

5.    chover a canados

6.    chover a ceo aberto

7.    chover a chapuzos

8.    chover coma quen a envorca

9.    chover ás cuncas

10. chover a Deus dala

11. chover a Deus dar

12. chover a manta

13. chover a mares

14. chover a varrer

15. chover a xerros

16. chover o mar chovido

17. chove que arrepía

18. chove que mete medo

 

10. E choverá papá, choverá Pachín... Dito popular
E os ditos sobre o chover:

1.    chover sobre mollado: sucede algo malo despois de outra cousa mala xa acontecida

2.    chova que neve!: pase o que pase

3.    chóvelle na cabeza: está tolo

4.    coma quen ve chover: non facer caso, deixalo pasar

5.    nunca chove que non escampase: todo ten remedio

6.    por min que chova!: tanto me ten

7.    xa choveu!: hai moito tempo

8. chóvelle no fallado: ten problemas mentais

9.    unhas pingan e outras mollan: todo é o mesmo

11. Sentar a ver chover... Deporte tradicional galego
Xesús Ferro Ruibal no seu Refraneiro Galego Básico recolle entre outros estes refráns sobre o chover:

1.    A mera de san Xoán leva o viño e mailo pan: as néboas e orballos de finais de xuño son prexudiciais para as viñas e os cereais

2.    Abril  para ser abril ten que vir con augas mil

3.    Abril augas mil, se non é no comezo ó medio ou á fin: sempre ha chover moito en abril

4.    Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gado: moi boas colleitas

5.    Abril quente e mollado carga o carro e engorda o gado: moi boas colleitas

6.    Ano de chuvias, poucas madrugas: queda un na cama, non madruga

7.    Auga de maio trae boa ano/pan para todo o ano: moi beneficiosa

8.    Auga de mediodía, auga de todo o día: choverá todo o día

9.    Auga de trebón nunha parte dá e noutra non: como vén forte nuns sitios estraga e noutros é beneficiosa

10. Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro: en xaneiro pouca auga vale moito

11. Auga en febreiro mellor ca en xaneiro

12. Auga miúda, vendaval que dura: moitas veces a chuvia fina acabará en forte vendaval

13. Auga/chuvia de febreiro fai palleiro: boa para os cereais

14. Auga/chuvia mañanceira non é duradeira: cando chove moi cedo non dura

15. Brétemas no alto, chuvias no baixo: na cima do monte néboa e no val chuvia

16. Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro

17. Cando chove e vai sol, alegre está o pastor: medran os pastos

18. Cando chove e vai sol, é tempo de requeixón: moito leite de vaca

19. Cando chove moito, ha de escampar logo: pronto deixará de chover

20. Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa: a xente da parroquia acudía o domingo á misa ben vestida, por iso o dito

21. Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo nin bo lameiro

22. Cando o sol madruga, é sinal de chuvia

23. Chova para min abril e maio e para ti todo o ano: cando máis necesarias son as chuvias

24. Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día

25. Chuvia no mes de agosto non é chuvia que é mel e mosto: mellora a colleita de mel e uvas

26. Chuvia por santa Lucía tolle a sardiña: chuvia polo 13 de decembro é mala

27. En marzo auga que non molle o rabo do gato: que chova pouco

28. Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro: mala colleita

29. Moitas augas en maio traen mal ano: non debe chover moito

30. Nadal mollado e xaneiro ben xeado: que chova en decembro e frío en xaneiro

31. No ano que moito chove o labrego traballa máis que come: é mal ano no campo

32. Se o gato lava a cara, é que venta enchente de auga: cando se lambe moito vai chover

33. Se polo san Xurxo chove de mil cereixas quedan nove: cando chove polo 23 de abril sofren as cereixas novas

12. Nunca chove a gusto de todos... Popular
En Trasar de Carballo (Lugo) Pilar Guerra recolleu estes ditos sobre a chuvia:
 

·         A mera de San Xoán leva o viño e non deixa o pan: a choiva miúda, néboa mesta de xuño prexudicial para os campos

·         A porca de maio ou no principio ou no cabo, e han parar os bois quince días antes ou despois: en maio ten que haber 15 días de mal tempo

·         A porca de maio vale máis no principio ca no cabo: a chuvia fai máis nos primeiros de maio

·         Manda chover na Habana!: vello dito de admiración

·         Marzo ventoso e abril chuvioso: mellor moito vento en marzo e choiva en abril

·         Non hai sábado sen sol: cando un sábado chove moito, dise a frase

·         Se chove en xaneiro, nin boa meda nin bo palleiro: mala colleita de centeo

13. E a mellor cidade do mundo para ver chover... Santiago de Compostela

Luz de tebra, Ánxel Vázquez de la Cruz, Xerais, 1010: A cidade recibíanos no primeiro ano cunha degustación de chuvias. A mansa chuvia do chove miudiño de Rosalía, na invernía. A chuvia rala e espallada do comezo do trebón, ou a espasmódica das primaveras equívocas. A chuvia minuciosa ou en altas e ventadas ondadas no Obradoiro, tantas veces rematadas por unha raiola do sol -non sabemos se gabanciosa ou burlona- ao que só lle faltaba o triángulo de Yavhé para lanzar unha proclama. A chuvia olorosa no outono de Santa Susana. A chuvia musical sobre lucernarios e tellados. O orballo como unha inmensa vacúa lambendo amorosamente a cidade enteira. A chuvia que fixo posíbeis as frondosidades das vellas pedras con lidros, mofos, brións, vexetación varia, en contrarréplicas magníficas á arte humana e os seus capiteis barrocos. A cidade da chuvia... (p. 44)

2005-2011