Pascual Veiga
Teoría lingua galega
Suxestións traballos

EXERCICIO: Comentarios de músicas do mundo

Mesa de 4º e sinxelo aparello musical...

1-Ámbito: dous grupos de 4º ESO do IES Sánchez Cantón
2-Temporalización: curso académico 2009-2010

3-Un día á semana un alumno/a encargarase de presentar ao resto da aula unha canción escollida por el/a. Comezará por unha presentación do grupo ou cantante, despois do álbum e logo de por que escolleu esa canción. Finalmente escoitarán todos a canción escollida.
O resto do alumnado tomará notas de como expón (erros, dominio das táboas, preparación...) e fará un comentario persoal sobre a canción escollida. Ademais puntuará de 0 a 10 a canción. Ao final do trimestre deberá entregar un traballo ben redactado e presentado con todo o feito nas aulas (escrito ou por correo electrónico).

Despois de ler os traballos o profesor entregará un agasallo a quen presentou a canción gañadora nas puntuacións. Tamén un agasallo a quen presentou a menos valorada.

4-Obxectivos:
-Practicar o dominio de si mesmo na presentación de traballos en público
-Utilizar a lingua con corrección diante dun auditorio
-Utilizar a lingua nun ámbito diferente ao normal da aula de lingua: a música
-Aprender a comportarse correctamente cando alguén está a expoñer algo na aula
-Aprender a valorar o traballo dos demais e expresalo correctamente.
-Elaborar un traballo escrito ben redactado e presentado utilizando calquera formato: escrito a man, cun procesador de textos...

 

velaquí a tecnoloxía

 

PRIMEIRO TRIMESTRE 2008-2009

SEGUNDO TRIMESTRE 2008-2009

TERCEIRO TRIMESTRE 2008-2009 e FINAL

ENTREGA DO PRIMEIRO TRIMESTRE 2007-08

ENTREGA DO SEGUNDO TRIMESTRE 2007-08

ENTREGA DO TERCEIRO TRIMESTRE E FINAL 2007-08

 

CURSO 2006-2007

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2011
Anxo González Guerra, Vitoria Ogando Valcárcel:
Suxestións: ogalego@galicia.com