BIDUEIRO, bido, bídalo, bidro.

Bétula alba . Fam das betuláceas.

Pode pasar dos 20 m de altura. Toro liso e dereito de cor branca-cinsenta. Follas alternas e pecioladas, de forma oval triangular e beira dentada. O froito é semellante a unha noz.
Máis abundante nas zonas quentes e de baixa altitude.
Chamóuselle a árbore da sabedoría porque seica se usaba a casca para facer pergamiños ou porque das súas raíces agroman cogomelos alucinóxenos.
A súa madeira branda e lixeita era moi utilizada para facer zocos, arados, etc. Do zume pode obterse azucre. As follas son diuréticas.

O bidueiral de Montederramo é Zona de Especial Protección.
Fermín Bouza Brey (Nao senlleira): Naquel biduído dos bidos louzanos / o paxaro Sol non pía seus raios / e morre de amor

bidueiro na Limia

bidueiros na Purreira, Carballedo, Lugo

Achegar comentario

Volver a Follas de plantas