O uso do b/v

Icona iDevice O uso do b

As terminacións do imperfecto dos verbos da 1ª conxugación escríbense con b: - aba,-abas,- aba,-abamos,-abades,-aban.

As palabras que comezan polas sílabas bu-, bur- e bus- escríbense con b, agás "vurullo".

Escríbense con b os verbos rematados en –buir e –bir, así como os seus derivados; agás os verbos servir, vivir, vir e os seus derivados.

Antes de r ou de l escríbese sempre b, agás no caso de acivro.

Acivro (en galego tamén se lle chama "xardón")


Icona iDevice Palabras que se escriben diferente en castelán e galego:

Castelán

Pulpo: cefalópodo

Polvo: terra miúda (lat. pulvus).

Móvil e derivados (automóvil, movilidade)

Vacío

Galego:

Polbo: cefalópodo (lat. polypum).

Pó: terra miúda.

Móbil e derivados (lat. mobile): automóbil, mobilidade.

Baleiro/baldeiro


Icona iDevice Escríbense con v os adxectivos rematados en:

         -avo/-ava: escravo, oitavo, bravo, cóncava...

         -ave: suave, grave...

         -evo/-eva: lonxevo...

         -eve: leve, breve

         -ivo/-iva: activo, festivo, altivo, intensivo, cativo, primitivo, decisivo...

         - ova/-ovo: nova, novo

         -ívoro/- ívora: (agás víbora): herbívoro, carnívoro, insectívoro, omnívoro.


Icona iDevice Observa

Escríbense con v as palabras que empezan por ad-: advertir, advento.

As palabras derivadas doutra palabra que se escribe con v adoitan conservar o v:

Levidade, lonxevidade, activista...


Icona iDevice Palabras que se escriben con v en galego e non en castelán

 

Castelán

Boda

Barrer e derivados

Bulto

Bermejo

Abogado

Grabar e derivados

Abuelo/Abuela

Garbanzo

Cobarde

Esbelto

Buitre

Galego

Voda (do lat. VOTU)

Varrer e derivados(lat. verrere)

Vulto (lat. vultum)

Vermello (lat. vermiculum)

Avogado (lat. advocatum)

Gravar e derivados (l. gravare)

Avó/ Avoa (l. vg. aviolum)

Garavanzo (lat. *arwatius)

Covarde (fr. ant. coart)

Esvelto (it. svelto)

Voitre (lat. vulturem)