Os grupos consonánticos (e exercicios)

Os grupos consonánticos: presentación power point.
Icona iDevice Os grupos consonánticos –pc- e –pt-:

Mantéñense estes grupos nos cultismos: aceptar, opción.

Perden o primeiro elemento: adscrición, cativar, catividade, circunscrición, descrición, ditongo, inscrición, sétimo, setembro, setentrional, subscrición, transcrición, tritongo.


Icona iDevice Os grupos consonánticos bl, cl, fl, gl, pl:

Escríbense con bl: blindar, bloque, blusa, público, sublime…

Escríbense con cl: claro, claridade, declarar, incluír, proclamar, reclamar…

Escríbense con fl: flan, flanela, flor, flota, rifle…

Escríbense con gl: glaciar, globo, gloria…

Escríbense con pl: aplicar, copla, diploma, exemplo, placa, planta…


Icona iDevice Os grupos consonánticos br, cr, fr, gr, pr:

Escríbense con br: abrandar, branco, brandir, brasón, dobrar, nobre, nubrar, obrigar, redobrar…

Escríbense con cr: almiscre, cravar, cravo, cravuñar, escravo, recruta…

Escríbense con fr: afrouxar, chifrar, chifre, fraco, frauta, frecha, fregués, fretar, frouxo…

Escríbense con gr: fragrancia, regra, singradura, xograr…

Escríbense con pr: apracíbel, aprazar, compracer, cumprir, desprazar, emprego, pracer, prata, prato, prazo, pregar, preito, soprar, soprete…


Icona iDevice Os grupos consonánticos –pn-, -ps-, -pt-:

Adoitan escribirse en palabras cultas, aínda que na fala se elimine a primeira consoante: pneumático, pseudónimo, psique, psicoloxía, psiquiatría, pterodáctilo… 


Icona de iDevice Actividade de encher espazos

Nas seguintes palabras engade –pc-,ou –pt- onde sexa necesario:

Ace tar

Descri ción

timo

Inscri ción

O ción

Di tongo

Subscri ción

Circunscri ción

Ca tividade

Ca tivar

Se tentrional

Di tongo

Se tembro

Tri tongo

Adscri ción

Transcri ción

  

Icona de iDevice Actividade de encher espazos

Coloca r ou l onde corresponda:

B anco, apacíbel/apacib e, reg a, p anta, sop ar, dob e, dob ón, p acer, c aridade, p ato.