SOFTWARE LIBRE PARA EDUCACIÓN PLÁSTICA.
   
Gimp

Gimp, a nova versión deste editor de gráficos e imaxes de código libre agora si que se compite co inmellorable Adobe Photoshop. Con esta ferramenta podras cambiar o tamaño das túas fotos para subilas sen que pesen demasiado.

 

SketchUp

Google SketchUp  é unha ferramenta incriblemente sinxela e á vez extremadamente potente que permite crear, ver e modificar ideas en 3D de forma rápida e sinxela.

 

Picasa

Picasa, outro produto gratuíto de google que organiza de forma automática toda a túa colección de imaxes, as busca no teu equipo e ordénaas por data.

 

Shadows

Shadows é un programa de creación de cuadrantes solares, utilizable por calquera persoa sen ser necesarios coñecementos previos. Shadows fai todos os cálculos e imprime todos os trazados necesarios para unha realización fácil dun cuadrante solar personalizado.

 

Wordle.net

Wordle é un xerador dixital que converte un texto nunha nube de palabras. Pódense configurar os parámetros para calcular a importancia e a cor de cada termo. Se non queres imprimir directamente terás que usar un truco. Guardalo como copia de impresión e despues publicalo como PDF co PDF Creator. Aqui podes ver un exemplo.

 

Animasher

Animasher é unha aplicación web que permite crear animacións sinxelas en Flash. Non require rexistro para crear e compartir as animacións.


The rasterbator.

 

Trátase dun programa de apenas 800 Kb que che permite crear posters e murais a partir dunha foto de tamaño normal. Podes crear n> cunha simple foto de ata 20 metros.

Photomatix Basic

 

Photomatix é un programa de fotografía dixital para a obtención de imáxes HDR e o fusionado de imaxes mediante distintos algoritmos e técnicas.

Andrea Mosaic

Andreamosaic permíteche xerar mosaicos a partir dunha colección de fotos que forman as distintas partes da imaxe final.


Image Mosaic Generator

Outro xerador de mosaicos esta vez online. Neste caso as fotografias que o compón proceden de internet. Para que o resultado sexa optimo, é necesario partir dunha imaxe cunha boa resolución e que sexa un motivo concreto e definido.

 

Anamorph Me

Unha anamorfosis, é unha deformación dunha imaxe para enganar a perspectiva. Este é un programa moi interesante . Se accedemos ao enlace poderemos ver exemplos.



Fontpark

Con este programa podemos facer debuxos a partir de carácteres orientais. O malo do programa é que non nos deixa imprimir o resultado. Un truco: se lle damos a imprimir pantalla (o boton adóitalo ter no teclado na parte superior dereita) e logo dámoslle a pegar en calquera programa de deseño (photoshop, paint, corel etc..) poderemos modificalo e imprimilo. exemplo

 

 

 

 

 

 



 

MATERIALES ONLINE PARA 1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA.