Actividade 2

Descrición a partir dun texto oral

Escoita esta gravación dun programa de Radio Cerna (http://adega.info/info/090121joomla/radio-cerna) e a continuación responde as preguntas e realiza a actividade proposta.


 

Responde despois de escoitar a gravación
Este audio está extraído de Radio Cerna, un espazo radiofónico de temática mediombiental e ecoloxista, realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). De que tipo de programa cres que se trata?
Noticias de actualidade sobre o lume.
Unha entrevista a un profesor.
Unha reportaxe sobre un premio científico.


Nesta reportaxe de radio...
preséntase un traballo premiado.
vaise conceder un premio.
convócase o Premio Luís Freire.


Trátase dun premio
para científicos dos Museos da Ciencia.
á investigación científica.
convocado pola Asociación de Amigos das Casas das Ciencias.


O premio convócase en honra
do escritor Carlos Casares.
do escritor Uxío Novoneira.
do botánico Luís Freire.


Resultaron premiados, entre outros,
un traballo sobre o lume e outro sobre o lobo.
traballos sobre a relación entre o lume e o lobo.
ningunah das respostas anteriores é correcta.


Icona iDevice

Actividade

Describe en que consistiu o experimento premiado.

Explícao con detalle. O teu texto debe conter, polo menos, a seguinte información:

  • por que se fixo o traballo; que o motivou
  • onde se fixo o traballo
  • que experimento realizaron (explicación detallada)
  • a que conclusións chegaron
  • como van dar a coñecer o seu traballo.

Debes redactar un texto ben cohesionado, non con respostas soltas ás preguntas anteriores. Ou sexa, agora es tiq uen explica en que consistiu o traballo, non a locutora nin o profesor.