Actividade 3

Icona iDevice

Descrición a partir dun texto oral

Escoita a gravación e despois describe a casa de Anxo Moure.

Trátase dunha entrevista en Radio Cerna a Anxo Moure, animador ambiental e contacontos. Na entrevista vai describindo un novo proxecto seu, unha casa onde acollerá aos rapaces para contarlles historias sobre as árbores. En lugar de ir aos centros educativos agarda que os rapaces vaian á súa casa. Debes recoller, como mínimo, a seguinte información para incluír na túa descrición. Redacta un texto correcto, ben cohesionado, non vale que respondas simplemente as preguntas seguintes con frases soltas.

Esta é a información que debes recoller:

  • onde está a casa
  • de que está construída
  • canta xente cabe na casa
  • que hai ao saír pola porta
  • que se atopa na casa
  • quen pode ir á casa
  • que poden facer os visitantes

Gravación: