Actividade 4

Gravación 3

Escoita esta gravación do programa Coñecer Galicia da Radio Galega (http://www.crtvg.es/rg/podcast/conecer-galicia-conecer-galicia-do-dia-12-05-2012-323196). Despois debes contestar individualmente as preguntas que aparecen a continuación e realizar, para exposición oral colectiva, a actividade proposta.

 

 

Responde despois de escoitar a gravación
Fálase de...
lugares onde hai parques ornitolóxicos para criar aves.
lugares onde aniñan aves de paso.
lugares desde onde contemplar as aves.


Turgalicia (un organismo oficial que se encarga de promover o turismo en Galicia)...
propón unha ruta por todos eses lugares.
construíu lugares para avistar mellor as aves.
ten como obxectivo a conservación da natureza.


A visita a estes lugares...
é apta só para persoas amantes dos paxaros.
non só é apta para amantes dos paxaros.
non é axeitada para amantes da natureza.


A persoa a quen entrevista a locutora é...
alguén que vive nese lugar.
un especialista en turismo.
un estudoso das aves.


O entrevistado opina que Galicia
é un lugar ideal para avistar aves.
non é un lugar onde resulta doado avistar aves.
non é mal lugar para avistar aves, depende con que outros lugares se compare.


En canto a diversidade da natureza...
hai máis diversidade en Europa ca en África ou América.
hai menos diversidade en Europa ca en países de África ou América.
hai máis diversidade en Europa ca en África pero menos ca en países de América Latina.


A situación xeográfica de Galicia...
permite ver as aves que migran de norte a sur e á inversa.
é excepcional para ver as aves que transitan entre o norte e o nur.
as dúas opcións anteriores son válidas.


Estaca de Bares é...
un lugar problemático para ver as aves acuáticas que pasan cara ao sur.
un lugar ideal para ver aves mariñas migratorias.
o único lugar onde se poden ver as aves mariñas e acuáticas no seu paso cara a África e o Mediterráneo.


As aves teñen un camiño fixo na súa migración entre Europa e África...
independentemente das mareas, os ventos e as condicións meteorolóxicas.
a pesar das mareas, os ventos e as condicións meteorolóxicas.
aínda que se ven influídas polas mareas, os ventos e as condicións meteorolóxicas.


Icona iDevice

Actividade

Realización dunha presentación oral colectiva sobre as ZEPA de Galicia
A partir da información que se nos ofrece na páxina de Turgalicia á que se fai referencia na entrevista que escoitaches, sobre as ZEPA ou Zonas de Especial Protección de Aves de Galicia, imos preparar unha pequena presentación para realizar entre toda a clase.
Para que o traballo non resulte excesivo e a presentación final non nos aburra por excesivamente longa, imos facela seguindo o modelo das presentacións "pechacucha", adaptándoo un pouco ás nosas necesidade. Unha presentación "pechacucha" segue normalmente o formato 20x20, é dicir, son 20 diapositivas que pasan automaticamente cada 20 segundos. O orador ten entón para cada imaxe tan só eses 20 segundos.
No noso caso fixemos a seguinte adaptación: son 15 as ZEPA de Galicia, a cada unha delas dedicámoslle dúas imaxes: para esas dúas imaxes é para as que cada alumno ou alumna ou cada par (segundo o número de alumnado da aula) debe preparar unha pequena exposición falando da zona onde se atopa esa ZEPA e da natureza máis senlleira da mesma. Toda esa información está na páxina web citada. Antes das imaxes de cada unha das zonas vai un mapa que serve que se rematen a persoa encargada da imaxe anterior se se lle pasou o tempo e para que inicie a presentación a seguinte (estas imaxes dos mapas permanecen só 5 segundos).
Unha vez que se faga o reparto das distintas ZEPA e imaxes das mesmas, debes localizar a información que che corresponda. Ten en conta que debe ser unha información básica: terás 20 segundos para explicala. Podes redactar un texto coa información que vas expoñer pero no momento da exposición está prohibido ler: a información débese dar falando, non lendo.
Ten en conta que as imaxes son simplemente paisaxes da zona, que van acompañar a información que ti deas; pero se te esqueces do que debías dicir, podes saír do paso comentando o que se ve na imaxe: é importante que a persoa que estea no uso da palabra non quede calada!
Aquí tes a presentación, para que poidas practicar a túa exposición: