Actividades

Icona iDevice

Obxectivos

As actividades que aparecen acontinuación serven para ampliar e reforzar os coñecementos que adquiriches anteriormente.

Ademais dese reforzo e ampliación de coñecementos teñen os seguintes obxectivos xerais:

  • Comprender discursos orais e escritos de diversa temática.
  • Mellorar a túa expresión oral; utilizar a lingua de xeito correcto, coherente, creativo e axeitado ao lugar e os interlocutores cos que falas.
  • Mellorar a túa expresión escrita; utilizar a lingua escrita de con corrección ortográfica e sintáctica, e con coherencia, creatividade e adecuación ao contexto.
  • Mellorar en xeral a utilización da lingua na actividade escolar, para localizar e interpretar información e para redactar e expoñer os teus propios textos.
  • Utilizar de xeito cada vez máis autónomo fontes de información: bibliotecas, medios de comunicación e tecnoloxías da información e a comunicación, sabendo interpretar correctamente os seus contidos.
  • Mellorar todas as competencias básicas, especialmente a competencia para comunicarte, para aproveitar as novas tecnoloxías para a túa aprendizaxe, para aprender de xeito autónomo e para mellorar  a túa autonomía e iniciativa persoal.