Autoavaliación 03

Icona de pregunta iDevice Comproba os teus coñecementos
Nas obras narrativas a descrición...
    
supón un avance da historia.
supón unha pausa na historia.

A descrición permite...
    
presentar personaxes e lugares.
relatar o que fan os personaxes.

A descrición literaria...
    
conta unha historia para que a comprendamos mellor.
permite comprender mellor a historia que se conta.

Na descrición literaria...
    
a linguaxe é denotativa.
a linguaxe é connotativa.

Na linguaxe connotativa...
    
teñen importancia as sensacións que evocan en nós as palabras.
non teñen importancia as sensacións que evocan en nós as palabras.

Nas descricións abundan os...
    
adxectivos cualificativos.
determinativos.

A esaxeración dunha calidade recibe o nome de...
    
hipérbole.
metáfora.

A metáfora consiste en...
    
substituír un elemento por outro parecido.
comparar un elemento con outro parecido.