Autoavaliación 04

Icona de pregunta iDevice Comproba os teus coñecementos
A descrición de lugares denomínase...
    
topografía.
prosopografía.
etopea.

Unha descrición na que se esaxeran algunhas características dunha persoa é unha...
    
etopea
caricatura
prosopografía.

Un retrato é
    
unha descrición física e psíquica dunha persoa.
unha combinación de etopea e cronografía.
unha combinación de prosopopea e etopea.

As descricións obxectivas...
    
son as que ofrecen unha visión real do obxecto descrito.
ademais da visión real inclúen a opinión de quen describe.
aquelas nas que unha persoa se describe a si mesma.

As descricións obxectivas aparecen frecuentemente...
    
en textos académicos (por exemplo en libros de texto)
en textos literarios (por exemplo na poesía)
na publicidade.

Nas descricións subxectivas...
    
prescíndese das opinións persoais.
móstranse os sentimentos ou emocións de quen describe.
tense en conta tan só o obxecto que se describe.

Os adxectivos de valor afectivo...
    
danse máis nas descricións obxectivas.
danse máis nas descricións realistas.
danse máis nas descricións subxectivas.

A utilización de figuras retóricas...
    
á característica das descricións obxectivas.
danse tanto nas descricións obxectivas coma nas subxectivas.
é característica das descricións subxectivas.

A abundancia e importancia dos verbos predicativos...
    
é característica das descricións obxectivas.
é característica das descricións subxectivas.
non é característica das descricións.