Autoavaliación 06

Comproba os teus coñecementos
Forman parte da clase dos nomes...
os substantivos e os adxectivos.
os substantivos e os pronomes.
os adxectivos e os pronomes.


Os adxectivos son palabras...
invariables.
variables.
ás veces variables e ás veces invariables.


Para distinguir un adxectivo debemos comprobar se...
varía en xénero e número (aínda que algúns non cambian de masculino a feminino).
teñen sempre unha forma para masculino e outra para feminino.
teñen variación de xénero, número e persoa.


Un adxectivo transfórmase en substantivo cando...
leva artigo.
varía en xénero.
non varía nin en xénero nin en número.


Os adxectivos poden...
modificar os verbos e os substantivos.
modificar os substantivos e os adverbios.
ser modificados polos adverbios.


Ademais de Modificador dun substantivo, un adxectivo pode ser...
Modificador doutro adxectivo ou Atributo.
Modificador dun adverbio ou Atributo.
Atributo ou Predicado.