Autoavaliación 07

Icona de pregunta iDevice Comproba os teus coñecementos
Que teñen en común as palabras vosas, ningunha e oitenta?
Son adxectivos cualificativos.
Son adxectivos determinativos.
Son pronomes persoais.

Unha das diferenzas entre determinativos e cualificativos é ...
que os primeiros forman un conxunto limitado.
que os primeiros forman un conxunto ilimitado.
Non hai diferenza niso.

Este, aquela e esa son...
demostrativos.
indefinidos.
posesivos.

Exemplos de indefinidos son:
este, esa, aquelas.
meu, túa, noso.
algún, ningunha, moitos.

Entre as palabras miñas, eses, catorce e primeiros...
non hai ningún demostrativo.
non hai ningún indefinido.
non hai ningún posesivo.

Segundo a calidade que expresen os adxectivos con respecto ao substantivo, distinguimos entre:
explicativos e especificativos
especificativos e determinativos.
determinativos e cualificativos.

O adxectivo branca en parede branca e neve branca é
especificativo no primeiro caso e explicativo no segundo.
explicativo no primeiro caso e especificativo no segundo.
cualificativo no primeiro caso e determinativo no segundo.

Os adxectivos que delimitan o significado do substantivo ao que se refiren son:
determinativos.
delimitativos.
especificativos.

Os adxectivos explicativos...
resaltan unha calidade que ten o substantivo.
delimitan o significado do substantivo.
fórmanse a partir de substantivos.

Os adxectivos explicativos...
frecuentemente van antes do substantivo (os verdes prados).
frecuentemente van despois do substantivo (os prados verdes).
non hai diferenza nese aspecto.

Un adxectivo que expresa relación co substantivo do que procede (como luguesa = habitante de Lugo) denomínase...
cualificativo.
relacional.
derivativo.

Que teñen en común ferrolá, escolar e pontevedresa?
son adxectivos determinativos.
son adxectivos cualificativos.
son adxectivos relacionais.