Autoavaliación 10

Comproba os teus coñecementos
Sinala as afirmacións correctas:
 
O adxectivo presenta tres graos: comparativo, superlativo absoluto e superlativo relativo.
Verdadeiro Falso
 
O positivo expresa unha calidade sen comparala nin intensificala.
Verdadeiro Falso
 
O comparativo compara dúas calidades ou unha soa calidade atribuída a dous substantivos.
Verdadeiro Falso
 
O comparativo de superioridade fórmase con "máis" ou "menos" seguido do adxectivo.
Verdadeiro Falso
 
"Tan" + adxectivo + como / coma + 2º termo é a maneira de formarse o comparativo de igualdade.
Verdadeiro Falso
 
O superlativo pode ser absoluto ou relativo.
Verdadeiro Falso
 
O superlativo absoluto ten dúas formas: sintético e analítico.
Verdadeiro Falso
 
O superlativo absoluto sintetico fórmase co adverbio "moi".
Verdadeiro Falso
 
Os superlativos rematados en -érrimo só existen nuns poucos adxectivos.
Verdadeiro Falso
 
O superlativo relativo fórmase con "máis" + adxectivo + segundo termo da comparación.
Verdadeiro Falso
 
"Maior" é o comparativo de "grande".
Verdadeiro Falso
 
"Pésimo" é comparativo de "malo".
Verdadeiro Falso
 
"Mínimo" é superlativo de "pequeno".
Verdadeiro Falso