Clases de adxectivos

Adxectivos fronte a determinativos

Hai algunhas palabras, de diversos tipos, que desempeñan dentro da oración funcións similares ás dos adxectivos. Denomínanse nese caso adxectivos determinativos e son palabras como as seguintes:

posesivos
 demostrativos indefinidos numerais

meu, teu, seu

miña, túa...

noso...

este, ese, aquel

esta...

estes...

algún, algunha

moito, moitos...

calquera....

catro...

primeiro...

onceavo...

Estas palabras constitúen un número limitado de elementos. Pola contra os adxectivos propiamente ditos forman un conxunto ilimitado, porque hai algúns que van deixando de usarse e aparecen outros novos; así, por exemplo, o adxectivo "interactivo" comezou a usarse pouco antes de 1990 e hoxe en día é unha palabra usual.

Pouco a pouco irás coñecendo todas estas formas e distinguindo con facilidade os determinativos dos adxectivos propiamente ditos.

En caso de dúbida debes recorrer ao dicionario. Podes abrir este cadro cos determinativos para consultalo sempre que o precises (versión para imprimir).

Adxectivos especificativos e adxectivos explicativos

Segundo a caalidade que expresen os adxectivos con respecto ao substantivo ao que modifican, distinguimos entre adxectivos especificativos e explicativos. Neste cadro resúmense a diferenza entre ambos os dous tipos:

Especificativos
Explicativos
 delimitan o significado do substantivo ao que se refiren
resaltan unha calidade do substantivo
 exemplo: casas altas
 exemplo: neve branca
 de entre todas as casas posibles sinala só as que son altas
destaca unha das calidades que ten a neve
 non todas as casas son altas
 a neve é sempre branca
 habitualmente van despois do substantivo: as árbores centenarias desta fraga (non todas son centenarias)
 frecuentemente van antes do substantivo: as centenarias árbores desta fraga (todas elas son centenarias)

 

Adxectivos cualificativos e adxectivos relacionais

Algúns adxectivos expresan calidades dos substantivos como a forma, a cor, o tamaño, etc; pola contra outros fórmanse a partir dun substantivo e indican relación con ese nome do que proceden:

Cualificativos
Relacionais
expresan calidades dos seres ou obxectos (forma, cor, dimensións, percepcións sensoriais, apreciacións establecen relación cos substantivos dos que proceden, referentes a

persoas, lugares, relixión, política, oficios, institucións...

redondo, azul, grande, frío, barato, querido

de Rosalía: rosaliano, rosaliana (a poesía rosaliana)

de Ourense: ourensán, ourensá (os mosteiros ourensáns)

da escola: escolar (o material escolar)

 

Icona iDevice

Actividades