Comúns e propios

Os substantivos propios indican un ser único distinguíndoo dos demais da súa especie. Por exemplo "Pedro" é un nome de home e distingue a quen leva ese nome de todos os demais homes que levan outro nome distinto; "Miño" é o nome dun río e distíngueo dos outros ríos.

O substantivos ou nomes propios poden designar persoas, animais, lugares, accidentes xeográficos etc. Estas són as súas denominacións:

 os que designan
denomínanse
 por exemplo
 persoas antropónimos
 Iria, Xurxo, Fuco...
 lugares topónimos Viveiro, París, Suecia...
 mares e correntes de auga hidrónimos
 Eo, Sar, Atlántico...

 

Os substantivos ou nomes comúns seres ou obxectos dunha mesma especie ou conceptos abstractos. Por exemplo, o termo "muller", nome común, indica un ser concreto e ese mesmo nome aplícase a todos os da súa especie, é dicir a todas as "mulleres"; pola contra "Carme" é nome propio de muller e aplícase só a unha fronte ás demais mulleres.

Icona iDevice

Actividade

Algúns substantivos oriximariamente comúns trasfórmanse en propios en determinados casos: así, por exemplo, algúns nomes de plantas (comúns polo tanto) acaban converténdose no nome dun lugar caracterizado pola abundancia ou pola presenza destacada desa planta. Isto é o que sucede con "carballo", determinado tipo de árbore, que despois pasa a ser o nome dunha vila e concello da comarca de Bergantiños; o mesmo sucede con "ferreiro" nome dunha profesión, que se acaba convertendo en apelido.

carballo
Carballo
 ferreiro  C.E.Ferreiro
Folla de carballo e landras
aamaianos (Flickr)
Mapa de situación de Carballo
www.carballo.org
Traballo de ferreiro
Daniel Burgui Iguzkiza (Flickr)
Celso Emilio Ferreiro
(http://consellodacultura.org)

No seguinte exercicio están mesturados dez nomes comúns, dez propios e outros dez que son comúnse ademais son nomes de topónimos galegos, polo tanto poden ser comúns ou propios dependendo do caso concreto. Seguro que che resulta doado separalos neses tres grupos.