Como elaborar unha descrición

1º paso

  • Debemos observar detalladamente as características e os trazos definitorios do elemento que imos describir. Atenderemos especialmente ás características físicas (de que partes está composto, de que material está feito...), o lugar onde e sitúa, para que se usa ou que función ten...

2º paso

  • Escoller o punto de vista que debemos ou queiramos adoptar: obxectivo ou subxectivo, segundo a función do texto que teñamos que redactar: por exemplo, se imos facer un retrato dun personaxe forzosamente debemos ser obxectivos; pola contra se queremos ridiculizar ese mesmo personaxe facendo unha caricatura del adoptaremos un punto de vista subxectivo.

3º paso

  • Despois da observación e tendo en conta o punto de vista adoptado, seleccionaremos as características que mellor definen o obxecto que imos describir e que o diferencian doutros da súa especie ou similares a el.
  • A descrición non pode ser exhaustiva (non ten sentido dicir absolutamente todo o que se ve nun obxecto, nunha persoa ou nun lugar) senón que se limita aos elementos máis característicos ou interesantes.
  • Non se trata polo tanto de “copiar” con palabras os obxectos reais, senón que ao describilos interpretámolos e seleccionamos de entre todas as súas calidades, aquelas que consideremos máis características. A partir dun mesmo obxecto real dúas persoas farán dúas descricións distintas porque seguramente tamén será diferente a maneira de velo, por exemplo porque a unha persoa lle interesarán aspectos que tal vez á outra lle pasen desapercibidos.

4º paso

  • Ao elaborar finalmente a descrición seguiremos unha orde determinada: podemos comezar facendo unha panorámica xeral do que describimos e a continuación imos describindo cada unha das súas partes; ou describindo o continente ou exterior e a continuación o contido ou interior. Esa ordenación dependerá do obxecto descrito e do noso criterio persoal, mais os datos deberán estar sempre ordenados, non se pode dar a impresión de saltar dunha parte a outra sen seguir ningunha orde.

 

Icona de iDevice Observación para describir un obxecto

Vas facer unha descrición dunha casa. Debes facelo coa precisión suficiente para que as demais persoas da clase poidan identificar que casa estás describindo de entre as dunha serie delas que teñen á vista.

Como exemplo, antes de comezar a pensar na túa descrición, imos observar detidamente a seguinte casa:

Imaxe dunha casa 

Fíxate nos seguintes aspectos:

1. En que plano está a casa? Pode estar no primeiro plano, pode estar ao fondo da imaxe, nun plano medio, por exemplo se vemos diante dela unha árbore e detrás obsérvanse outras casas...
2. Cantas plantas ou andares ten a casa?
3. Que portas e ventás se observan, na fachada e nos lateriais'
4. De que material está construída?
5. Ten algún elemento significativo, como árbores, farois, estatuas, etc?
6. Cal é a situación da casa? Está soa, está nun lugar urbanizado...?
Icona iDevice

Actividade

Agora debes facer a descrición oral dunha das casas que aparecen na galería de imaxes seguinte.

Previamente realizarase a asignación de imaxes na aula e a continuación cada persoa observa con detalle a imaxe que lle tocou e toma notas, como mínimo de todos os aspectos destacados no exemplo anterior. Esas notas poden consultarse no momento de facer a descrición pero non está permitido ler a descrición completa.

Despois de 15 minutos para facer a observación e tomar notas, comézanse a facer as descricións oralmente. O resto do alumnado debe ir observando todas as imaxes para descubrir de que casa se trata. Cando remate cada descrición entre toda a clase coméntanse os aspectos que a persoa que falaba non describiu correctamente e os que mellor describiu.

Unha vez rematada esa actividade, asígnanse de novo as imaxes e cada persoa debe elaborar un anuncio para poñer á venda a casa que lle tocou agora. Interesa vendela, polo tanto deben destacarse os seus aspectos máis atractivos.


Icona iDevice

Galería de imaxes de casas para describir

Mostrar 01 imaxe
01
Mostrar 02 imaxe
02
Mostrar 03 imaxe
03
Mostrar 04 imaxe
04
Mostrar 05 imaxe
05
Mostrar 06 imaxe
06
Mostrar 07 imaxe
07
Mostrar 08 imaxe
08
Mostrar 09 imaxe
09
Mostrar 10 imaxe
10
Mostrar 11 imaxe
11
Mostrar 12 imaxe
12
Mostrar 13 imaxe
13
Mostrar 14 imaxe
14
Mostrar 15 imaxe
15
Mostrar 16 imaxe
16
Mostrar 17 imaxe
17
Mostrar 18 imaxe
18
Mostrar 19 imaxe
19
Mostrar 20 imaxe
20
Mostrar 21 imaxe
21
Mostrar 22 imaxe
22
Mostrar 23 imaxe
23
Mostrar 24 imaxe
24
Mostrar 25 imaxe
25
Mostrar 26 imaxe
26
Mostrar 27 imaxe
27
Mostrar 28 imaxe
28
Mostrar 29 imaxe
29
Mostrar 30 imaxe
30