Concretos e abstractos

Os substantivos comúns poden ser:

concretos
abstractos
indican seres ou obxectos que podemos percibir polos sentidos, ou sexa, que podemos ver, tocar... indican entidades que non podemos percibir polos sentidos, que só existen no pensamento

Por exemplo, se miramos a unha persoa vemos a súa cara e na nosa mente formamos unha idea da súa beleza. Todo o mundo ve a mesma cara, pero non a todo o mundo lle parece que ten a mesma beleza.

 cara beleza
 concreto abstracto

Doutra maneira, podemos ver moi distintas caras e parecernos que todas teñen en común a fermosura.

 

Icona iDevice

Actividade

Tes a continuación unha serie de exercicios sobre concretos e abstractos. Lembra sempre consultar o dicionario cando non coñezas o significado dunha palabra.